Señor non contempla unha derrota ante o Alxeciras: "Iso non pode pasar"
Por Manu Otero
O Pontevedra recibe este sábado ao Alxeciras nun partido decisivo pola permanencia. Despois da súa derrota en Fuenlabrada contra outro rival directo pola salvación, Señor conta coa única baixa por sanción do central Luís Martínez. Con todo, evita dar pistas sobre o estado físico dun persoal na que Samu Araújo é baixa segura por lesión e que conta coas dúbidas de Yelko Piñeiro, Gonzalo Bo e Valentín Jaichenco.
Ao longo da semana, o técnico granate aumentou a intensidade dos adestramentos, nos que os xogadores traballaron a agresividade para "chegar antes que o contrario" ao balón.
Contra o Alxeciras, será o primeiro encontro de Juan Señor como adestrador en Pasarón. "Non é o meu debut pero estou con esa adrenalina", declarou o preparador, que animou aos seus xogadores para tratar de terminar as xogadas con tiros a porta durante toda a semana.
Neste sentido, o adestrador resta importancia ás baixas do rival. "Dáme igual se veñen con baixas, aínda que xogue outro defensa que che dá mais facilidades se cando tes a ocasion, non a enchufas. dáme igual se veñen con baixas. Se che dan mais facilidades e non a enchufas, dános igual se veñen con baixas ou non. A que teñamos ten que ir dentro", recalcou sobre un partido no que aos granates non lles serve outra cousa que non sexa gañar. "É un rival ao que hai que gañar, non hai outra lectura".
Cuestionado sobre unha posible derrota, Señor prefire non pensar nesa situación. "Iso non pode pasar, non está na miña cabeza", dixo o técnico.
Sobre o esquema de xogo, tampouco ten claro se repetirá a formulación de tres centrais do seu primeiro partido, aínda que si sabe o once que saltará ao campo. "Mesmos xogadores enfocados cara a un sistema ou outro", sinalou.
Finalmente, lanzou unha mensaxe aos afeccionados. "Á aficion hai que darlle e non pedirlle. Estamos nun momento moi delicado. Todas esas voces de ánimo e empuxe agradecereinas e aos futbolsitas pódelles axudar pero se deciden outra cousa hai que respectalo. Os xogadores van deixar todo e van pelexar polo seu escudo", rematou Señor.
Relacionadas:
-
O Pontevedra enlaza dúas vitorias consecutivas en liga por primeira vez esta tempada
Por Manu Otero |
-
Debut de Señor no banco de Pasarón con triunfo que permite o Pontevedra ver a luz ao final do túnel (1-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Alxeciras, un visitante que foxe do descenso coa defensa en cadro
Por Manu Otero |
-
Descontos para que os socios granates retiren entradas para a final contra o Alxeciras
Por Manu Otero |