O Teucro busca prolongar a súa serie positiva contra o Cañiza
Por Redacción
O Teucro enfróntase este dominngo ás 12 horas no Municipal ao Cañiza nun partido no que os azuis tratarán de prolongar a súa serie positiva, que alcanza os cinco partidos sen perder.
Os de Irene Vilaboa xogan o seu partido en xornada dominical porque o Pavillón Municipal atópase ocupado o sábado pola celebración do campionato de España de baile.
Con todo, o rival non o poñerá fácil. O conxunto do sur da provincia suma dúas vitorias consecutivas que o sitúan nunha cómoda posición en metade de táboa con dous puntos sobre o descenso.
Nunha posición máis desafogada atópanse os pontevedreses, que marchan nunha cómoda novena posición con 21 puntos, lonxe dos postos de descenso.
O outro equipo da cidade, o Cisne descansa esta semana polo parón da liga Asobal.