O Team Thunder converte o pavillón do San Narciso no epicentro do mellor boxeo de Galicia
Por Redacción
O pavillón deportivo do SEI San Narciso de Marín volveu converterse no epicentro do mellor boxeo de Galicia. Máis de 150 boxeadores de diferentes categorías e ata medio milleiro de espectadores acudiron a pasada fin de semana ao centro educativo marinense para formar parte de primeiro torneo infantil, cadete, júnior, novo e elite celebrado en Galicia en toda a súa historia.
Case un centenar de combates protagonizados por menores e adultos deron forma a un campionato moi igualado no que tanto vencedores como vencidos gozaron deste deporte.
Desde o Team Thunder, organizador do evento, destacan a gran acollida que tivo o torneo, atraendo a deportistas de moitas provincias españolas como Xaén, Guadalaxara, León, Burgos, Asturias e de Portugal e de toda Galicia.
O torneo empezou cos boxeadores de idade escolar e os júnior na xornada de sábado. Entre os deportistas participantes houbo varios campións nacionais e membros da selección española de boxeo de categorías inferiores.
Xa na quenda de tarde empezaron as eliminatorias dos combates joven e elite, con moi bos combates para todo o público presente.
Para as finais do domingo, quedaron un total de 23 combates nos que antes do mediodía puidéronse coñecer os primeiros vencedores.
Desde a entidade marinense cualifican este campionato como "un pasiño máis na boa filosofía de traballo que está a levar o Team Thunder, que non só crea canteira no ximnasio, senón que leva a cabo un gran despregamento organizativo. Ademais, é de agradecer o apoio do Concello de Marín, que axuda a que deportes minoritarios atraian moitas visitas e axuden a dinamizar o comercio local ademais de dar boa publicidade cara ao exterior".
Relacionadas:
-
Aarón González faise co campionato galego ante a afección marinense
Por Redacción |
-
Fin de semana redonda para o Team Thunder nos campionatos galegos
Por Redacción |
-
O boxeador Aarón González adestra co campión mundial arxentino, Marabilla Martínez
Por Redacción |
-
O Team Thunder celebra unha festa para presentar o equipo de competición para un "prometedor" 2023
Por Oskar Viéitez |