Dominio pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción
Esta fin de semana celebrouse no Centro de Alto Rendemento da Cartuxa, en Sevilla, o Campionato de España de Inverno de piragüismo, destacando especialmente o papel realizado polos deportistas pontevedreses.
A primeira medalla de ouro galega conseguiuna Valeria Oliveira (Club Piragüismo Poio) na final do C1 Sub-23 cun tempo de 28:01.98. Superou a Claudia Couto (E. P. Ciudad de Pontevedra) en máis de sete segundos e a Carmen Chaves en catorce.
Pedro Torrado (Club As Torres Romería Vikinga) tamén fixo valer a súa condición de favorito para levar outra medalla de ouro na final do C1 xuvenil despois de liderar toda a carreira sen dar opcións aos seus rivais. Cruzou a liña de meta en solitario marcando un tempo de 24:14.38, logrando así revalidar o título alcanzado o ano pasado. Darío Sánchez do Piragüismo Aranjuez e Juan Ruiz do Náutico Sevilla acompañárono no podio.
A última carreira da tarde de sábado foi para os xuvenís do Kaiak. Martín López (Naútico Firrete) fíxose co título de campión de España impoñéndose sobre Jesús Machado (Círculo de Labradores) e Javier García (Piraguas o Gaiteiro).
Sumaron tamén medallas para a Federación Galega as padeeiras do Kayak Tudense Cristina Soutelo e Andrea Martín, finalizando en segunda e terceira posición na final de C1 senior. A vitoria nesta proba foi unha vez máis para María Corbera.
Pecharon a xornada do domingo David Mella (Kayak Tudense), Araceli Menduiña (Club de Mar Ría de Aldán), Adrián Mosquera (Rías Baixas), Marcos Terzado e Celso Martínez (Piragüismo Vilaboa) sumando máis medallas para o piragüismo galego así como Iván Alonso (As Torres), Brais Sánchez (Rápido de Arriondas), Miguel Fernández e Jesús Rodríguez (Fluvial O Barco), Antonio Polo (As Pontes), Alberto Piqueiras (Piragüismo Viveiro), Bernardo Sánchez e Xosé Outeiro (Fluvial de Lugo), Francisco Vázquez, María Rodríguez (Ría de Aldán), Raquel Rodríguez (Portonovo), Enma Vía (Ría de Betanzos), José Manuel Sánchez (Kayak Tudense), Marcelino Cacabelos (E.P. Ciudad de Pontevedra) e Enrique Míguez.
XORNADA DO DOMINGO
A segunda e última xornada da LII edición do Campionato de España finalizou con numerosas medallas para os representantes galegos en augas do Guadalquivir.
A final do C1 Senior masculino finalizou cun podio totalmente galego con Noel Domínguez, Diego Romero e Tono Campos (Breogán O Grove). Domínguez dominou a regata xunto con Romero, para chegar ao sprint no que se impuxo con claridade.
Unhas horas antes competiron os deportistas da categoría Sub-23 e unha vez máis a final de C1 contou no podio coa presenza de deportistas pertencentes a equipos galegos. Desde o inicio, Jaime Duro do E.P. Ciudad de Pontevedra xunto con Diego Domínguez do Breogán, dominaron a regata acompañados do tamén pontevedrés Pablo Crespo. Os tres distanciáronse dos seus perseguidores nos primeiro 3000 metros. Un forte cambio de ritmo de Duro eliminou a Crespo da loita pola vitoria. Despois máis de 20 minutos de competición, Jaime Duro fíxose co ouro, Diego Domínguez coa prata e Pablo Crespo co bronce.
A presenza galega no podio completárona Irene Lata do Ría de Betanzos e a tudense Lara Feijoo. Ambas realizaron unha magnífica competición, desde o inicio escapáronse dos seus rivais, para terminar a regata cun longo sprint que levou a de Betanzos. O terceiro posto do podio sería para Carla Vey do Náutico de Palma.
Destacou tamén o ouro de Francisco Cubelos no K1 e os tres primeiros postos en mulleres de para Estefanía Fernández, Laura Pedruelo e Begoña Lazkano.
Relacionadas:
-
O equipo feminino da EP Ciudad de Pontevedra domina a I Copa Galega de Sprint 2023
Por Redacción |
-
A primeira Copa Galicia de piragüismo sprint levanta o pano competitivo do Pontillón do Castro
Por Manu Otero |
-
Teresa Portela, Antía Jácome e os mundiais de loita de Pontevedra, entre os premiados no gala Deporte Galego 2019-2022
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra exhibe poderío no autonómico de barcos de equipo
Por Redacción |
-
O piragüismo español recoñece o talento pontevedrés na súa tradicional gala anual
Por Redacción |
-
Os equipos senior do Ciudad de Pontevedra e Kayak Tudense gañan o autonómico de K4 e C4
Por Redacción |