O Club Acuático Umia proclámase campión galego absoluto de salvamento en Ourense
Por Redacción
O Club Acuático Umia proclamouse esta fin de semana campión autonómico de categoría absoluta na modalidade de salvamento e socorrismo. Os nadadores do club de Caldas conseguiron o título despois de clasificarse a 40 finais, nas que lograron 6 medallas individuais e 8 en probas de substitucións.
A primeira medalla chegou na primeira carreira do evento celebrado na piscina ourensá Rosario Dueñas. Na proba dos 200 obstáculos, Paula logrou o bronce para o seu equipo. Un botín que ampliaron logo Lidia e Álex con senllas pratas no 100 socorrista.
Nas probas por substitucións, o equipo formado por Inés, Celia, Lidia e Ainoa conseguiron o primeiro ouro para o equipo pontevedrés, mentres que o grupo masculino que integraron Xoel, Manu, Álex e Martín conseguiron a prata. En lanzamento de corda, Dani Naf e Andújar foron primeiros, mentres que Inés e Ainoa acabaron terceiras. Na última competición do sábado, o 4x25 remolque, o equipo feminino formado por Inés, Ainoa, Celia e Ana levou a prata.
Xa na xornada dominical, caeu un novo ouro na primeira proba para o Acuático Umia, o logrado por Álex na carreira de 200 supersocorrista. Mesma modalidade na que Lidia obtivo o bronce, un resultado que repetiu a continuación nas 100 aletas.
Nas carreiras por equipos, o feminino fíxose coa prata no 4x50 combinado, mentres que o masculino conquistou o bronce. Na substitución mixta, Inés, Xoel, Lidia e Manu pecharon cun novo segundo posto outra brillante cita autonómica para o Acuático Umia.
Relacionadas:
-
Éxito de participación e público no III Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal
Por Redacción |
-
O Campionato de España Máster de Salvamento e Socorrismo dispútase esta fin de semana en Silgar
Por Redacción |
-
O Club Acuático Umia completa co título de liga galega a súa mellor temporada da historia
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para o Acuático Umia no nacional de salvamento de distancias curtas
Por Redacción |
-
Seis anos despois, o Umia coróase campión galego absoluto de salvamento
Por Redacción |
-
O Club Acuático Umia pecha o seu 25 aniversario organizando o Trofeo Caldas Vila Termal
Por Redacción |
-
Antía García pecha o Mundial de Salvamento cunha medalla de bronce
Por Redacción |