Duelos de altura para Poio Pescamar e Marín Futsal no regreso da liga
Por Redacción
A Primeira División feminina de fútbol sala regresa esta fin de semana para Poio Pescamar e Marín Futsal despois de tres semanas de parón e a conquista do terceiro Europeo por parte da Selección Española.
Será unha fin de semana especial en especial para o conxunto conserveiro que, tras o exilio ao Pavillón do Príncipe Felipe, volve á súa casa da Seca para estrear pista a partir das 17:00 horas contra o equipo máis en forma actualmente, o Alcorcón.
O cadro madrileño é quinto con 40 puntos e pelexan por alcanzar un play-off que teñen a catro de distancia tras recortar postos aos poucos grazas ao pleno de vitorias desde que comezou a segunda volta do campionato.
O Poio Pescamar, mentres tanto, despediuse do Príncipe Felipe con triunfo ante Teldeportivo e repite esta vez como local aínda que cambiando o pavillón co mesmo obxectivo de vencer e actualizar os récords históricos de máis vitorias e maior puntuación lograda en Primeira División.
Luís López-Tulla contará para a cita con todas as súas xogadoras fóra de Marta Peñalver.
Pola súa banda, o Marín Futsal enfrontarase este sábado ante un dos rivais máis complicados da categoría, o Pescados Rubén Burela no Pavillón Vista Alegre (18:30 horas).
As xogadoras de Ramiro Díaz tentarán traerse os tres puntos dunha das pistas máis difíciles para así continuar coas súas aspiracións de manter a praza en Primeira División.
Relacionadas:
-
Demasiado Futsi Navalcarnero para un vulnerable Marín Futsal (7-0)
Por Ramiro Espiño |
-
Goleada do Burela no derbi contra o Marín Futsal (5-0)
Por Redacción |
-
Repartición de puntos na reestrea da Seca entre Poio Pescamar e Alcorcón (1-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
As tricampioas de Europa poñen o foco nun mundial "que non sabemos nin cando vai ser"
Por Manu Otero |
-
A Deputación presume do bo facer dos equipos profesionais femininos da provinciaº
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar pon fin ao seu exilio pontevedrés para regresar á súa casa na Seca
Por Redacción |
-
A Selección de fútbol sala, campioa de Europa por terceira vez tras golear a Ucraína (1-5)
Por Redacción |
-
O Alcorcón sentencia pola mínima o Marín Futsal (1-0)
Por Redacción |
-
Remontada e triunfo do Poio Pescamar sobre o Teldeportivo (3-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |