Goleada do Burela no derbi contra o Marín Futsal (5-0)
Por Redacción
O Marín Futsal foi incapaz de dobregar ao Peixes Rubén Burela nun derbi galego no que as da Mariña foron completas dominadoras e deixaron o partido sentenciado na primeira metade.
A pesar de que comezou o encontro igualado con algún aviso afastado das de Ramiro Díaz, foron as locais as que se adiantaron no minuto cinco cun gol de Peque tras aproveitar un mal control de Inés Mayán á saída dun saque de banda. Un minuto despois, Saki cedía a Dany para que anotase o 2-0.
As cousas non estaban a saír nada ben ao Marín, que tentaba pechar liñas en defensa para evitar que a golease sexa maior. Con todo, Jenny desbarataba cun potente disparo desde a frontal as opcións do cadro marinense e enviaba o partido ao descanso nun avultado 3-0.
Na segunda parte, o Burela mantivo o completo dominio do envite, o técnico visitante optou polo xogo de cinco e, a porta baleira, as laranxas pechaban o triunfo cun gol de peque desde cancha propia e outro de Jenny que se coou pola escuadra.
Peixes Rubén Burela FS (5): Caridad; Irene Amper, Patricia, Cilene e Jenny (quinteto inicial). Tamén xogaron, Antía, Peque, Dany, Saki e Esther (segunda porteira).
Marín Futsal (0): Silvia Aguete; Ceci, Café, Pau e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Inés Mayán, Lara Balseiro, Ale de Paz, Bea Mateos, Adri e Lucía (segunda porteira).
Incidencias: Vista Alegre. Colexiados, Amor Vizoso e Darriba Villamor. Sen amoestacións.
Goles: 1-0, min. 5 Peque. 2-0, min. 6 Dany. 3-0, min. 11 Jenny. 4-0, min. 35 Peque. 5-0, min. 39 Jenny
Relacionadas:
-
Ramiro Díaz renova como adestrador do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Demasiado Futsi Navalcarnero para un vulnerable Marín Futsal (7-0)
Por Ramiro Espiño |
-
O Marín Futsal confía na permanencia tras superar o pechacancelas Joventut D'Elx (4-1)
Por Redacción |
-
Duelos de altura para Poio Pescamar e Marín Futsal no regreso da liga
Por Redacción |
-
As tricampioas de Europa poñen o foco nun mundial "que non sabemos nin cando vai ser"
Por Manu Otero |
-
A Selección de fútbol sala, campioa de Europa por terceira vez tras golear a Ucraína (1-5)
Por Redacción |
-
O Alcorcón sentencia pola mínima o Marín Futsal (1-0)
Por Redacción |