Pontevedra vibra coa Copa de España de ciclismo feminino
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Pontevedra e Marín gozaron este domingo dunha xornada de ciclismo coa disputa da Copa de España feminina por terceira vez consecutiva.
Nela, medio milleiro de ciclistas tomaron a saída en As Corbaceiras para completar un percorrido circular que pasou polo Alto da Porteliña para chegar ao momento de partida no que tamén estivo instalada a meta.
A gran vencedora foi a ciclista francesa Cecile Pauline Lejeune, do Massi Tactic, que completou o percorrido accidentado de 99 quilómetros en primeira posición tras superar ás corredoras do Laboral Kutxa Alba Teruel e Eneritz Vadillo, segunda e terceira respectivamente.
A carreira comezou con varias caídas que obrigaron a deter a proba, que se renovou sen consecuencias cunha nova saída a falta de 75 quilómetros para a chegada a meta.
As subidas ao Alto da Porteliña, un ano máis, foron claves para a resolución da proba, que se decidiu nun axustado sprint a favor da francesa.
Antes das Elite-Sub 23 foi a quenda das júnior, onde Ayala Serrano fíxose coa primeira posición da proba e repetindo triunfo tras a semana pasada en Beasáin. Acompañoulle no podio María Filgueiras, que caeu na última curva e privou aos espectadores do sprint final, e Arene Pérez.
As cadetes, pola súa banda, foron as primeiras en saír ás 9:00 horas e tiveron como protagonista á intratable Paula Ostiz, que se impuxo a Lorena Patiño na recta final para sumar outro triunfo no Campionato de España. Tras elas, Lidia Castro fíxose coa terceira praza do podio.
Por último, en Máster 30, María da Saúde Morán, Carolna Gorospe e Lessa Azevedo, do Arrival Tenerife, abarcaron o podio; en Máster 40 venceu Mariña González, segunda foi Monsterrat Pereira e Cathaysa Sánchez; e, en Máster 50, Rosa Márquez e Raquel Montañés foron as primeiras.
Consulta nesta ligazón a clasificación elite, júnior e cadete
Relacionadas:
-
Pontevedra mantense por cuarto ano no calendario da Copa de España Féminas de Ciclismo
Por Redacción |
-
A ciclista marinense Lorena Patiño revalida o seu título como campioa de España de BTT en categoría cadete
Por Redacción |
-
A ilusión do Farto ante o "escaparate incrible" de La Vuelta
Por Diego Espiño |
-
Peches de tráfico en varios puntos de Pontevedra durante a fin de semana
Por Álvaro Arosa Barco |
-
A Deputación presume do bo facer dos equipos profesionais femininos da provinciaº
Por Manu Otero |
-
As mellores ciclistas do país competirán este domingo polo GP Cidade de Pontevedra, puntuable para a Copa de España
Por Manu Otero |
-
Magín Froiz terá unha rúa co seu nome en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Gran Premio Cidade de Pontevedra mantense no calendario da Copa de España Féminas para 2023
Por Redacción |