O dúo mixto de Ana Amatria e Juan David Hernández, bronce no Nacional de natación artística
Por Redacción
Entre as tres mellores parellas mixtas do país situáronse Ana Amatria e Juan David Hernández, dúas das grandes referencias do Club Galaico Sincro.
Ambos colgaron a medalla de bronce no Campionato de España junior e sénior que se disputou esta fin de semana nas piscinas de Son Moix, en Palma de Mallorca.
Na súa rutina de dúo mixto só lles superaron os representantes da selección española de natación artística, Dennis González e Iris Tío, que se proclamaron campións nacionais; e os canarios Fernando Díaz e Natalia Otero, que foron segundos.
Juan David Hernández, xa na proba de só libre masculino, repetiu o seu terceiro posto, completando o podio xunto aos mesmos rivais, Dennis González e Fernando Díaz.
O equipo masculino do Galaico Sincro obtivo a oitava praza na xeral por equipos.
Con respecto ao só feminino, Eva Saldaña, unha nadadora que empezou hai apenas unhas semanas o seu adestramento, quedou no posto 13 das 17 participantes.
Relacionadas:
-
Juan David Hernández e Daniela Suárez fan historia para o Galaico Sincro cunha dobre medalla no Campionato de España
Por Diego Espiño |
-
Un Galaico Sincro de récord na natación artística galega
Por Redacción |
-
A natación sincronizada invade a piscina de Rías do Sur
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Medalla de prata para Alicia Bouzas no Open de Mallorca
Por Redacción |
-
A base do Galaico Sincro brilla en Oviedo e clasifícase para o campionato de verán de Primeira División
Por Redacción |
-
Iván González, o diamante en bruto da natación artística galega que se forma en Pontemuíños
Por Manu Otero & Mónica Patxot |