Samu Araújo e Yelko Pino xa traballan co grupo, do que caen Brais e Rufo
Por Manu Otero
O Pontevedra está metido de cheo na preparación do próximo partido de liga no que recibirán, o domingo ás 19 horas en Pasarón, ao Córdoba. Tras a xornada de descanso do martes, os de Juan Señor acumulan xa dúas xornadas de traballo no campo de adestramento da Xunqueira no que os lesionados de longa duración Samu Araújo e Yelko Pino xa están metidos de cheo na dinámica do grupo, aínda que a súa participación no próximo encontro non está aínda asegurada.
Pola contra, este xoves foron dous os futbolistas que non puideron exercitarse ao mesmo ritmo que o resto dos seus compañeiros. Trátase de Brais Abelenda e Rufo. Ambos os atacantes están afectados de senllos golpes nas súas pernas que lle impiden adestrar con normalidade. Mentres que o ariete madrileño realizou exercicios no ximnasio, o dianteiro coruñés traballo co fisioterapeuta Borja Ríos no terreo de xogo realizando exercicios de forza, mobilidade e estabilidade.
A pesar de que non completaron a sesión co resto do equipo, aínda é demasiado pronto para dar por confirmada a súa ausencia para o próximo enfrontamento, que dependerá da evolución nas próximas xornadas e das sensacións que teñan no adestramento do sábado previo ao partido.
Outro que tampouco está ao 100 % fisicamente é o central Víctor Vázquez, con todo si que puido completar todo o adestramento ao mesmo nivel que o resto dos seus compañeiros.
Sobre a evolución de Samu Araújo e Yelko Pino, parece máis próximo o regreso á competición do lateral que o do mediocentro. O defensa vigués parece ter superado por completo a súa grave lesión de xeonllo, traballa ao mesmo nivel que o resto dos seus compañeiros e amosa boas sensacións á hora de golpear o balón, pugnar por balóns divididos ou realizar sprints e cambios de dirección en carreira.
En cambio, máis cautos son no corpo técnico co centrocampista. Aínda que completou a primeira parte da sesión deste xoves co grupo, Pino luciu sempre o peto branco de comodín para traballar sempre co equipo posuidor do balón nos partidillos e evitar así posibles golpes á hora de recibir a presión dos rivais. Ademais, no último exercicio do día retirouse á banda para realizar traballo específico co preparador físico Dani Vilas para reforzar o flexor da cadeira.
O resto do equipo segue traballando a bo ritmo e mesmo xogadores como Gonzalo Bueno ou Libasse Gueye, que aínda non debutaron desde a súa incorporación ao equipo, xa parecen recuperar o ton físico necesario para a competición.
Relacionadas:
-
Enigma Yelko Pino
Por Manu Otero |
-
Señor, ante as baixas en ataque fronte o Alcorcón: "Ao non ter un 9 puro iremos a pola vitoria con outras armas"
Por Redacción |
-
Álex González coroa a vitoria do Pontevedra (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Juan Señor quere un Pontevedra "máis resolutivo" en ataque
Por Manu Otero |
-
O xuíz disciplinario impón tres partidos de sanción a Pablo Cacharrón
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra promociona o partido contra o Córdoba con entradas a metade de prezo para socios
Por Manu Otero |
-
A expulsión de Cacharrón, un quebradizo de cabeza para o Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Pontevedra enlaza dúas vitorias consecutivas en liga por primeira vez esta tempada
Por Manu Otero |