Juan Señor, tras o 1-5 ante o Mérida: "Nos pasaron por encima"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A derrota deste sábado sentou como un xerro de auga fría no vestiario de Pasarón xa non só polo resultado, senón pola forma na que se perdeu. E é que "hoxe nos pasaron por encima", admitiu Juan Señor na habitual rolda de prensa tras o partido.
"Había moito tempo que non vía a este equipo así. Ía detrás, non se anticipaba, perdía duelos... Hai que reflexionar, facer un exercicio de autocrítica. Non podo negar a actitude dos xogadores, pero é certo que chegamos tarde a case todo e os goles fixéronnos moitísimo dano. Non é cuestión do acerto senón de como permitimos que cheguen a esa zona neses poucos minutos", analizou.
Para o técnico do Pontevedra, o 1-5 foi "unha labazada con toda a man" a pesar de que a formulación foi parecido ao de Alcorcón aínda que metendo a un 9 puro. "A partir do minuto 10", recoñeceu Señor, "só houbo un equipo no campo e foron eles".
Co 1-3 ao descanso foi cando o adestrador granate decidiu mover ficha para cambiar a dinámica do equipo, pero foron Víctor Casáis e Libasse Guèye os que "buscaron a forma" de atopar a reacción.
Precisamente, en canto á entrada do senegalés e os pitos recibidos por parte de practicamente toda a afección, Juan Señor defendeu que o futbolista "quere e é un máis despois de 40 días. Pasou esa penitencia e ese proceso de 'pido perdón e referéndoo con feitos, comportamento e traballo' pasouno xa".
Critica, iso si, que iso se faga de forma "individual. Eu teño unha serie de efectivos e en función de como traballan tomo as decisións para dicir 'este si ou este non'". Insiste en que "os asubíos mos fagan a min. Dalgunha maneira, a min e ao equipo van axudalo máis se me trasladan a min esas decisións como que son eu quen se equivoca con eses xogadores, pero mentres estean vou apoiar e vounos a sacar eses minutos que considere que se gañan durante a semana".
Finalmente, o adestrador do Pontevedra enviou unha mensaxe á afección de "calma para recuperarnos deste forte golpe" porque os números están aí e aínda queda tempo para que o equipo poida manter a categoría.