Derrota en San Fernando dun Pontevedra abocado ao descenso salvo milagre (4-2)
Por Almu Dapena
O Pontevedra CF necesita un milagre se non quere ser equipo de Segunda Federación a próxima tempada. Os granates foron incapaces de superar ao San Fernando, que castigou a fraxilidade defensiva e a falta de acerto en ataque para condenalos a unha nova derrota.
Os de Juan Señor estiveron vivos ata os últimos e frenéticos 10 minutos de xogo nos que ocorreu de todo. Ata ese momento o marcador lucía un 2-1 e o Pontevedra aínda confiaba nunha reacción, pero nun visto e non visto, Biabiany converteuse nun pesadelo para a zaga e, con dúas carreiras ata liña de fondo sentenciou o encontro en tan só dous minutos.
A ocasión máis clara non chegou ata o minuto 20. Álex González sacou desde a esquina e Brais Abelenda anticipouse ben ao primeiro pau para rematar de cabeza entre os paus obrigando a estirada de Perales que, cun auténtico paradón, evitou o 0-1.
E dunha acción que podía ser o primeiro tanto do Pontevedra chegouse ao 1-0. Na seguinte xogada correu a banda esquerda Gabri Martínez, encarou a David Soto e centrou cara a Ilyas Chaira, que apareceu completamente só no punto de penalti para abrir o marcador.
Os granates trataron de reaccionar ao gol en contra, pero seguían sen ser capaces de chegar con perigo a portería do San Fernando. Só Brais cun centro envelenado cara a Charles no minuto 39 provocou certo desaxuste na defensa rival, pero o brasileiro non alcanzou a rematar.
Saíron os de Lérez do vestiario coa intención de reverter a situación e buscou o gol Brais nada máis comezar o segundo tempo, pero o seu disparo foi demasiado frouxo e atallouno sen problemas José Perales.
E iso foi todo para o Pontevedra, que nun visto e non visto volveu desaparecer cometendo os mesmos erros en defensa que a pasada xornada ante o Mérida. Nun primeiro man a man entre Chaira e Cacharrón tras un resbalón de David Soto foi o gardameta o que gañou a partida, pero nada puido facer na seguinte chegada. Ilyas e Gabri Martínez intercambiáronse os papeis aproveitando un fallo groseiro na zaga granate e o autor do primeiro tanto se converteu en asistente. Enviou un pase en profundidade, o '15' plantouse diante do seteiro visitante e bateuno por baixo anotando o 2-0.
Complicábanse as cousas aínda máis para os de Juan Señor e urxía unha reacción, polo que o técnico optou por mover ficha en ataque e dar entrada a Víctor Casáis e Valen en lugar de Samu Araújo e Bakero.
E non tardou en recortar diferenzas o Pontevedra, precisamente por medio do canteirán Víctor Casades no primeiro balón que tocou. Abelenda disparou desde fóra da área, o balón pegou nun defensor e saíu rexeitado cara á banda esquerda onde estaba Álex González, que buscou o centro e atopou a Casades para que de primeiras subise o 2-1 ao marcador.
Colleu ritmo o equipo de Pasarón tras o tanto e parecía que o empate estaba preto. Charles realizou unha boa acción individual, abriu cara a Valen e este centrou, pero o balón paseouse pola área pequena sen atopar rematador.
O San Fernando xogaba sen présa e dispoñía dunha acción a balón parado coa que puido deixar practicamente sentenciado o partido cando quedaban pouco máis de 10 minutos para a conclusión. Aquino botou unha falta desde tres cuartos de campo, atopou a cabeza de Farrando, pero o seu remate foise lamiento a madeira.
O partido rompeu por completo e parecía que llo empezaban a crer os visitante, pero a falta de acerto en tarefas ofensivas e a pasmosidad en defensa volveu ser a condena unha fin de semana máis.
E así foi como o conxunto gaditano aproveitou para sentenciar no minuto 85. Non se entenderon os defensas granates, Biabiany correu a banda dereita ata liña de fondo e enviou un pase atrás para que Aquino puxese o 3-1.
Pero a cousa non quedou aí e é que, dous minutos despois, Biabiany fixo o mesmo que na anterior xogada, pisou área e Luís Ruiz subiu o 4-1 ao marcador.
Estaba a ser unha recta final frenética e aínda houbo tempo para máis. O colexiado expulsou por dobre amarela a Manu Farrando e Brais Abelenda, de penalti e en dous tempos, asinou o 4-2 co que concluíu o encontro.
SAN FERNANDO (4): José Perales, Luís Ruiz, Manu Farrando, Dani Molina, Biabiany (Bicho, min. 90), Toni Gabarre (Marín, min. 90), David Ramos, Ilyas Chaira (Dani Aquino, min. 64), Gabri Martínez (Jon Ceberio, min. 71), Lanchi (Callejón, min. 90) e José Carlos Ramírez.
PONTEVEDRA CF (2): Cacharrón, Samu Araújo (Valen, min. 58), Churre, Miguel Román, David Soto, Álex González, Brais Abelenda, Álex Masogo (Javi Robles, min. 90), Charles (Guèye, min. 75), Bakero (Víctor Casades, min. 58), Seoane (Martín Diz, min. 90).
Goles: 1-0, Ilyas Chaira, min. 21. 2-0, Gabri Martínez, min. 54. 2-1, Víctor Casáis, min. 64. 3-1, Aquino, min. 85. 4-1, Luís Ruiz, min. 88. 4-2, Brais Abelenda (p. min. 93).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 33 do Grupo- I de Primeira Federación disputado no Iberoamericano ante 4.528 espectadores.
Relacionadas:
-
Remonta do Pontevedra diante do Sanse para avivar a esperanza da permanencia (2-1)
Por Manu Otero |
-
Señor pide apoio cara aos xogadores que "se van a partir o cobre" contra o Sanse para agarrarse ás opcións de permanencia
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, a ritmo de adestrador cesado por xornada
Por Diego Espiño |
-
Rufo acelera cara á súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Víctor Casais asoma a cabeza no primeiro equipo do Pontevedra a base de efectividade
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra-Deportivo da última xornada xogarase o sábado 27 de maio, sen coincidir coas eleccións
Por Redacción |
-
Invitacións para socios e baixada xeral de prezos ante a UD Sanse na última bala do Pontevedra para pelexar pola permanencia
Por Redacción |
-
Juan Señor, tras a derrota en San Fernando: "Eu cando cheguei cría neste equipo e sigo crendo nel"
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra non está para "feiras"
Por Redacción |
-
O coeficiente de goles, outro factor decisivo en xogo para o Pontevedra na batalla final pola permanencia
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra blinda o plantel para fixar o foco na final de San Fernando
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra queda sen marxe de erro na súa carreira pola permanencia
Por Manu Otero |
-
O Mérida golea a un Pontevedra que fixo augas en defensa (1-5)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Yelko entra na convocatoria para medirse ao Mérida, pero non Rufo: "É o único que imos preservar"
Por Diego Espiño |
-
Bo partido sen premio dun gran Pontevedra na súa visita ao líder Alcorcón (1-0)
Por Ramiro Espiño |