Juan Señor, tras a derrota en San Fernando: "Eu cando cheguei cría neste equipo e sigo crendo nel"
Por Almu Dapena
Acábanse as opcións de reacción para o Pontevedra CF, que este domingo caeu co San Fernando por un contundente 4-2 e deixou atrás a imaxe de solidez defensiva que mostrara ata a xornada pasada ante o Mérida.
Na súa habitual rolda de prensa de despois do partido, Juan Señor admitiu que "non me podo ir contento porque o resultado é o que vale. Pasounos que compites o partido e compites ben e hai un erro puntual, unha imprecisión ou un desaxuste e xa nos empeza a penalizar", todo iso en relación ao gol do 3-1. "Este equipo ten orgullo e dignidade e aínda indo dúas abaixo seguiu, con 2-1 sufriu o San Fernando con opcións de disparo e remate a gol e nunha contra chega ese 3-1 que foi o mazazo definitivo. Non me podo ir contento, o que si podo é estar orgulloso da profesionalidade que mostraron os xogadores", explicou.
Pese ao resultado, o técnico granate segue crendo nos seus xogadores á hora de saír do descenso, e iso que que a marxe de manobra é xa case inexistente e, salvo milagre, serán equipo de Segunda Federación. "Eu cando cheguei cría neste equipo e sigo crendo nel", confesou Señor, "pero cando recibes dous golpes seguidos custa un pouquiño máis levantarse. Sigo crendo neles e voullo a transmitir".
A mensaxe por parte do adestrador granate aos seus xogadores seguirá sendo o mesmo: "gañar o partido seguinte". É verdade que "agora a necesidade dos puntos se cadra precipítache, valoraremos que nos ocorreu para ir por baixo e partindo da solidez defensiva construír as vitorias" e, por suposto "conseguir números de salvación".
Relacionadas:
-
Señor pide apoio cara aos xogadores que "se van a partir o cobre" contra o Sanse para agarrarse ás opcións de permanencia
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, a ritmo de adestrador cesado por xornada
Por Diego Espiño |
-
Rufo acelera cara á súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Víctor Casais asoma a cabeza no primeiro equipo do Pontevedra a base de efectividade
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra-Deportivo da última xornada xogarase o sábado 27 de maio, sen coincidir coas eleccións
Por Redacción |
-
Invitacións para socios e baixada xeral de prezos ante a UD Sanse na última bala do Pontevedra para pelexar pola permanencia
Por Redacción |
-
Derrota en San Fernando dun Pontevedra abocado ao descenso salvo milagre (4-2)
Por Almu Dapena |