O Rally de Pontevedra celebra no mes de xuño á súa quinta edición
Por Redacción
Nun acto celebrado este venres no Real Club Náutico de Sanxenxo, representantes da Escuadra Congostra Team Sanxenxo, autoridades e patrocinadores, anunciaron que durante os días 2, 3 e 4 de xuño celebrarase a V edición do Rally de Pontevedra, competición incluída no Campionato Galego.
O evento, que conta xa con 120 equipos rexistrados, terá Sanxenxo como sede un ano máis e percorrerá os municipios de Cerdedo- Cotobade, Moraña, Meaño e Campo Lameiro.
As verificacións realizaranse o venres 2 de xuño na chaira da nova exposición de Náutica Paco para, a partir de aí, ir entrando no parque pechado que estará situado na Praza do Mar no porto deportivo. Ás 19:15 horas arrincará a cerimonia de saída desde a praza para, a continuación, disputar o tramo espectáculo do parque empresarial de Nantes cun percorrido de 4,20 quilómetros que mestura destreza, rapidez e moita habilidade. Unha vez finalizado, os equipos partirán cara a Portonovo, onde desde primeira hora estará situado o parque de traballo na contorna de Baltar.
Xa na xornada do sábado 3, os equipos irán partindo facía os tramos de Meaño Staroil, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro- Moraña, para volver ao final de cada bucle aos reagrupamentos de EXNOR e o parque de traballo de Baltar.
Este percorrido farano tres veces e, na última sección, tras o paso polos tramos e polo control volante de Moraña, finalizarán o Rally na Praza do Mar, onde
se poñerá o broche de ouro á quinta edición coa entrega de premios.
Desde o Concello destacaron a importancia desta cita que permitirá aos amantes do motor percorrer 113 quilómetros cronómetros así como gozar da beleza e gastronomía dos lugares polos que atravesa a proba nas distintas xornadas.
Relacionadas:
-
O Rallye de Pontevedra, o segundo mellor valorado do calendario pola Federación Galega
Por Diego Espiño |
-
Sen sorpresas no Rally de Pontevedra: Víctor Senra, campión da quinta edición
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Rally de Pontevedra pecha inscricións con 128 participantes
Por Redacción |
-
Pilotos e mecánicos achegarán o mundo dos rallies aos alumnos do CIFP A Xunqueira
Por Redacción |
-
O Rally de Pontevedra quenta motores: Así será a súa cuarta edición
Por Diego Espiño |
-
Cerdedo-Cotobade repetirá en 2022 como sede dun dos tramos do Rally de Pontevedra
Por Redacción |
-
Víctor Senra gaña con autoridade a III edición do Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |