As saídas de Ceci e Pau abren a tempada de cambios no Marín Futsal
Por Redacción
Non terminou aínda a tempada pero o Marín Futsal iniciou unha renovación pensando no seu novo proxecto deportivo, o terceiro que afrontará na máxima categoría nacional.
Os cambios son importantes, e é que nos últimos días confirmáronse as saídas de dúas das xogadoras de maior peso no plantel, claves no ascenso a Primeira División e na consolidación do equipo na elite.
O primeiro deles é o que máis sorprende, e é que a marinense Cecilia Puga 'Ceci' deixou drasticamente de pertencer ao Marín Futsal. Sorprendeu a súa ausencia na recente viaxe a Canarias para medirse ao Gran Canaria Teldeportivo, pero todo estalou co seu non presencia tampouco na final de Copa Galicia do pasado día 17.
Segundo adiantou Diario de Pontevedra citando fontes próximas á futbolista, sería a propia Ceci a que tomou a decisión de deixar o club da súa localidade debvido a un conflito co adestrador Ramiro Díaz, aínda que o club argumenta que a decisión foi adoptada pola directiva.
Cabe lembrar ademais que o técnico, renovado, será o comande desde o banco o próximo proxecto do Marín Futsal.
Tras este caso, e dunha maneira totalmente diferente, o equipo marinense confirmou que esta será a última campaña da súa capitá Pau na Raña. Fíxoo cunha publicación en redes sociais na que sinala que "despois de 7 incribles anos defendo o noso escudo, Pau decide pechar un ciclo onde conseguiu levar ao noso club a primeira división. Non podemos máis que darche as grazas por tanto durante estes anos e desexarche a mellor das sortes no teu futuro".
Relacionadas:
-
Ana Pinto, nova incorporación do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Batería de saídas no Marín Futsal: Ale de Paz, Lucía Paz, María León, Iria e Nuria
Por Redacción |
-
Jessi 'Café' seguirá un ano máis no Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal gústase en Majadahonda e despide a liga con goleada (0-7)
Por Ramiro Espiño |
-
Inés Mayán, terceira renovación no Marín Futsal
Por Redacción |
-
Lara Balseiro, nova baixa nun Marín Futsal que renova a Adriana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
María Estévez, primeira pedra na reconstrución do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Silvia Aguete tamén pon punto e final á súa etapa no Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar empata co Marín e xogarase o segundo posto ante o Burela (2-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un Derbi da Ría "anecdótico" entre un Marín Futsal e un Poio Pescamar cos deberes feitos
Por Redacción |
-
O Marín Futsal, sen premio na final da Copa Galicia ante a pegada do Burela (1-5)
Por Redacción |