María Estévez, primeira pedra na reconstrución do Marín Futsal
Por Redacción
As noticias precipítanse no Marín Futsal no relativo á planificación da próxima tempada, na que volverá a militar na Primeira División por terceiro curso consecutivo.
Tras perder a xogadoras de peso no plantel como a gardameta Silvia Aguete, Cecilia Puga ou a capitá Pau, a entidade marinense confirmou agora a súa primeira renovación.
Trátase de María Estévez, que seguirá un ano máis no club da Raña.
"O club aposta polo talento de mozas xogadoras e a renovación de María é un paso importante na confección do persoal para a próxima tempada", aseguran no Marín Futsal.
María Estévez é a primeira xogadora confirmada para o Marín Futsal 23/24, xunto ao renovado adestrador Ramiro Díaz.
Relacionadas:
-
Ana Pinto, nova incorporación do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Tres novas pezas para a reconstrución do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Batería de saídas no Marín Futsal: Ale de Paz, Lucía Paz, María León, Iria e Nuria
Por Redacción |
-
Jessi 'Café' seguirá un ano máis no Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal gústase en Majadahonda e despide a liga con goleada (0-7)
Por Ramiro Espiño |
-
Inés Mayán, terceira renovación no Marín Futsal
Por Redacción |
-
Lara Balseiro, nova baixa nun Marín Futsal que renova a Adriana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Silvia Aguete tamén pon punto e final á súa etapa no Marín Futsal
Por Redacción |
-
As saídas de Ceci e Pau abren a tempada de cambios no Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar empata co Marín e xogarase o segundo posto ante o Burela (2-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Marín Futsal, sen premio na final da Copa Galicia ante a pegada do Burela (1-5)
Por Redacción |