A arousá Mari Paz Vilas súmase á Queens League

Por Diego Espiño
De Vilagarcía á Queens League. A dianteira arousá Mari Paz Vilas será a primeira futbolista profesional en activo en participar no proxecto deportivo impulsado polo streamer Ibai Llanos e o ex-futbolista Gerard Piqué.
Será precisamente no equipo presidido por Ibai e por Gemita, Porcinas FC, que este mércores anunciou a Mari Paz como a súa xogadora número 12.
"Que ganas tiña de subir á porcineta", sinalou a xogadora tras desvelarse a noticia.
Que ganas tenía de subir a la porcineta.
— Mari Paz Vilas (@maripaz_vilas) May 24, 2023
Nos vemos el sábado https://t.co/aV5fUDmGbL
O seu novo equipo na Queens League agradeceu ademais as facilidades dadas polo FC Levante Las Planas, equipo no que actualmente milita Mari Paz Vilas na máxima categoría do fútbol nacional e que fixo posible o seu salto á nova competición unha vez finalizada a liga.
Mari Paz suma desta forma unha nova experiencia a unha ampla traxectoria, que a levou desde o Atlético Arousana a converterse en internacional con España e militar en equipos como Levante, Espanyol, Barcelona, Valencia e Real Betis.