Galicia dobrega a Irlanda no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA (2-0)
Por Diego Espiño
Estrea con bo pé da Selección Galega de Fútbol Afeccionado na Fase Final da Copa de Rexións UEFA que se celebra nas Rías Baixas.
O combinado autonómico demostrou o seu bo momento cun sólido triunfo fronte á República de Irlanda Amateur (2-0) nun partido disputado no campo de Burgáns, en Cambados.
O certo é que o encontro non puido empezar de mellor maneira para os de Iván Cancela, e é que aos 8 minutos Iñaki Martínez controlaba o balón no costado destro, orientaba cara ao interior do campo e soltaba un zapatazo coa zurda que se coaba na meta irlandesa para facer o 1-0.
Descanso na Copa das Rexións da @UEFAcom_es
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 9, 2023
Galicia 1-0 Irlanda
Marcou Iñaki, xogador do @AROSASCOFICIAL, no minuto 9
Sigue o partido en https://t.co/pE2Xnwpb1R ou na G2 pic.twitter.com/501tRTG2vP
Apenas 10 minutos despois o choque poñíase aínda máis de fronte nun grave erro de Glenn Daly. O central irlandés perdía o balón na frontal da súa área e agarraba ao atacante galego para que non encarase a portería vendo o vermello directo.
Con vantaxe numérica e no marcador, Galicia fíxose co control total do xogo, aínda que o marcador non se movería ata o descanso.
Os locais, arroupados por un gran ambiente nas bancadas de Burgáns, apertaron tras o paso por vestiarios para buscar o segundo. Tívoa de feito Iñaki, pero o seu disparo sacouno un xogador rival case na liña de meta.
Aínda que Irlanda apenas inquietaba, o partido non terminaba de sentenciarse, e non o fixo ata o minuto 89, cando Jony finalizaba unha contra para a tranquilidade galega e para certificar o primeiros tres puntos do campionato.
Final | Copa das Rexións da @UEFAcom_es
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 9, 2023
Galicia 2-0 Rep. Irlanda
Magisano marcou o 2º gol no minuto 90
A selección galega encabeza o grupo xunto a Baviera que lle gañou 5-0 a Zenica , vindeiro rival dos galegos pic.twitter.com/nl4Gng23zR
O domingo, segundo envite da Fase Final para Galicia. Será en Baltar (19.00 horas) fronte a Zenica-Doboj (Bosnia Herzegovina), que na xornada inaugural caeu goleada ante o combinado de Bavaria (Alemaña).
Relacionadas:
-
Galicia fai historia e proclámase campioa de Europa tras tombar a Belgrado (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Galicia, a un paso de tocar o ceo na Lomba
Por Redacción |
-
Á final! Galicia tomba a Bavaria (1-0) e acariña o título da Copa de Rexións UEFA
Por Diego Espiño |
-
Galicia derrota a Bosnia e xogarase o pase á final da Copa de Rexións UEFA ante Alemaña (2-1)
Por Redacción |
-
Galicia xa traballa sobre o céspede pensando no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Presentada a Fase Final da Copa das Rexións UEFA que se xogará nas Rías Baixas do 9 ao 17 de xuño
Por Diego Espiño |
-
Baltar, A Lomba, Burgáns e A Senra póñense a punto para acoller a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
A UEFA confirma a Baltar, A Lomba, A Senra e Burgáns como sedes da fase final da Copa das Rexións
Por Redacción |