Excesivo castigo para o Poio Pescamar, que se despide do play-off goleado polo Burela (9-3)
Por Almu Dapena
O fútbol ás veces é inxusto e esta vez tocoulle ao Poio Pescamar vivir unha das caras amarga do deporte. O conxunto conserveiro, que asinou unha tempada de récord, dixo adeus este sábado á fase do play-off polo título de liga cunha excesiva e cruel derrota ante o Burela (9-3).
Había que gañar si ou si para forzar o desempate despois de caer a pasada fin de semana na estrea no play-off, pero as de Luís López-Tulla foron incapaz de dobregar a un equipo laranxa arroiador na segunda metade.
Pero tivo que remar ao contraxeito o Poio Pescamar desde o asubío inicial, cando na primeira xogada do Burela, Irene Samper aproveitou un balón morto para adiantar ás locais.
Tentaron as rojillas devolver a igualdade e non foi ata o minuto 16 cando o conseguiron. Saíron co balón xogado desde campo propio Laura Uña e e Anna Escribano, a catalá plantouse diante de Caridad e bateuna por abaixo.
Estaba todo por decidir na segunda metade e Peque, nada máis saír dos vestiarios, volveu poñer por diante ao Burela. Tres minutos despois, Dany, tras un bo contragolpe e a pase de Emily, anotou o 3-1 que complicaba a situación do Poio Pescamar a pesar de que aínda quedaba moito partido por xogarse.
Optou por unha presión alta o cadro conserveiro para roubar pronto e non deixar xogar ao Burela e conseguiuno Laura Uña, que roubou a carteira á gardameta rival para reducir distancias no marcador.
Pero o Poio era incapaz de frear o asedio local, que na seguinte xogada devolveu a diferenza de dúas tantos cun gol de Peque, que en xogada individual desde o medio campo, plantábase en tres cuartos de campo para sacar un zurdazo e facer o 4-2.
Reduciron unha vez máis as distancias as xogadoras de López-Tulla tras unha xogada de estratexia que rematou Irene. O cadro arbitral expulsou a Luci por dobre cartolina amarela cando aínda quedaban 15 minutos por disputarse, aguantaron as vermellas cunha xogadora menos o intento do Burela de poñer máis terra polo medio, pero nada puideron facer a partir do minuto 32.
Nunha mala saída de balón tras un saque de banda, Irene Samper interceptou o pase de Elena e anotou a portería baleira o quinto gol local e 20 segundos despois, nunha contra, Emily anotaba o sexto, para sentenciar o encontro.
Non conformes co resultado a pesar de estar todo decidido, as da Mariña seguiron ao seu castigando practicamente en cada chegada a un Poio Pescamar completamente afundido e que optaba polo xogo de cinco con Martita como porteira-xogadora.
Pero as vermellas xa tiraran a toalla e perdían balóns cada dous por tres ao verse superadas por un arroiador Burela que asinaba o sétimo tanto por medio de Patri, Dany convertíase na autora do oitavo e Saki, a falta de dous minutos para a conclusión, pechaba o triunfo anotando o 9-3.
Relacionadas:
-
Laura Uña e Elena estrean as renovacións de xogadoras no Poio Pescamar
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Julia Dupuy, primeira saída no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Confianza do Poio Pescamar en Luis López-Tulla, que renova como adestrador para a súa segunda tempada na Seca
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar mobiliza á 'Marea Vermella' para que acompañe o equipo a Burela
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cede ante o Burela no primeiro asalto ao título de liga (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Dani Sousa, ambiciosa ante a histórica semifinal de liga co Poio Pescamar: "Estamos contentas pero con ganas de máis"
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar-Burela: Unha semifinal impredicible polo título
Por Diego Espiño |