Pedro Crespo, novo xogador do Pontevedra, asegura ter "olvidada" a súa grave lesión de xeonllo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Pedro Crespo Ballesteros foi presentado este xoves á afección granate. A pesar da súa xuventude este centrocampista murciano de 24 anos atesoura unha ampla experiencia en clubes como o Albacete Balompié, Valencia, Murcia B, Sangonera, Deportivo B, Guijuelo, e Coruxo. Afirma recalar nas filas do Pontevedra "ilusionado" coa intención de "ganarme el puesto" e contribuír a que o club granate logre o ansiado ascenso.
Luis Durán, membro do Consello de administración do Pontevedra SAD, sinalou que "el Pontevedra le pide a Pedro la máxima implicación, lucha constante, total compromiso y total dedicación".
Pedro Crespo explicou que cando lle presentaron a proposta do "no lo dudé, este es un club con historia que tiene un nombre", dixo.
Asegura ter "olvidada" a grave lesión de xeonllo que durante o último ano o mantivo apartado dos terreos de xogo e aínda que afirma que "podría jugar" este domingo en Pasarón contra o Grixoa, tamén admite que "vengo de estar un tiempo parado y lo tengo que hablar con el míster para intentar no recaer".
Pedro Crespo foi contratado polo que resta de campaña para cubrir a baixa de Candela. "Yo creo que somos de características similares", apuntou.
O xogador xa se adestrou o pasado martes ás ordes de Manu Fernandez "la verdad es que a nivel futbolístico y de vestuario, muy bien" e engade "ahora hay que dar el máximo, pero a mi me gusta ir pasito a pasito. Primero hay que intentar meterse en el play off y luego a luchar por el ascenso".
MÁIS FICHAXES
Sobre a posibilidade de realizar novas fichaxes, Luis Durán, respondeu que "eso Miló sabrá" deixando en mans do director técnico Milo Abelleira calquera decisión neste sentido. "Todo lo que pueda venir al equipo para reforzar, sin salirnos nunca de nuestras posibilidades económicas, se haría", dixo.
Luis Durán explicou que está libre unha praza sub-23 "a ver si por ahí hay algo que venga a sumar", concluíu.