Pontevedra acolle o sábado a fase final da Copa Galicia de Baloncesto cadete
Por Diego Espiño
Será o primeiro evento organizado polo Baloncesto Estudiantes Pontevedra despois da fusión dos dous equipos da cidade o pasado verán, o Baloncesto Base e o Estudiantes.
O Pavillón de A Xunqueira I acollerá o próximo sábado a fase final da Copa Galicia de Baloncesto en idade cadete, na que ademais do conxunto pontevedrés se clasificaron o Rosalía, o Porriño e o Santiago. Os primeiros partidos xogaranse ás 10:30 e 12:30 da mañá, quedando o terceiro e cuarto posto para as 17:00 da tarde e a final para as 19:00.
O presidente do club lerezano, Miguel Barreiro, entende como importante chegar a unha fase final no primeiro ano de vida da nova entidade. Para Barreiro este evento servirá ademais de aprendizaxe para seguir organizando diferentes actividades, "la idea es ir haciendo cosas poco a poco. El próximo verano por ejemplo nos gustaría realizar un campus con la presencia de algún jugador ACB".
O Baloncesto Estudiantes parte este ano con aproximadamente 300 xogadores nas diferentes categorías e con escolas en Xeve, Vilaboa e o Sagrado Corazón.