O Castrove, escenario do Campionato Galego de Orientación en Bicicleta de Montaña
Por Redacción
Tras o éxito de participación do Pontevedra Raid, o Club Montañeiros Pontevedra organiza o próximo domingo a primeira edición da "PonteOriBike", ou o que é o mesmo, o Campionato Galego de Orientación en Bicicleta de Montaña (BTT).
O Castrove será o escenario dunha competición que consiste en buscar o percorrido adecuado por pistas e senllas de montaña coa axuda dun mapa suxeitos ao guiador da bicicleta.
Ademais das categorías de sénior, júnior e veteráns, a organización preparou dúas rutas de diferente dificultade para que os afeccionados do BTT poidan participar na xornada. Unha será de tan só 2,6 quilómetros e a outra, para persoas con maior preparación física, de 8,6 quilómetros.