Espazo Ecosocialista considera insuficientes las políticas de tratamiento de residuos en Pontevedra

Pontevedra
26 de mayo 2013

Cada pontevedrés xera o ano 390 quilos de residuos do cal só o 9% é reciclado. ÿ un dos datos nos que se apoia Espazo Ecosocialista, partido que forma parte da coalición Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), para reclamar ao Concello de Pontevedra una política de tratamento de residuos máis efectiva. Entenden que as cifras de reciclado que se rexistran no municipio "son de certo baixas" para os estándares europeos

Contenedores de residuos orgánicos
Contenedores de residuos orgánicos / PontevedraViva

Cada pontevedrés xera o ano 390 quilos de residuos do cal só o 9% é reciclado. ÿ un dos datos nos que se apoia Espazo Ecosocialista, partido que forma parte da coalición Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), para reclamar ao Concello de Pontevedra una política de tratamento de residuos máis efectiva. Entenden que as cifras de reciclado que se rexistran no municipio "son de certo baixas" para os estándares europeos.

Aseguran que una cidade que logrou tantos recoñecementos polo seu modelo urbano centrado na apertura de espazos públicos para o cidadán, "non pode avanzar nesa liña se temas tan importantes como o tratamento do lixo e a reciclaxe son excluídos na práctica do organigrama político do grupo de goberno" e reclaman que as políticas de residuos non sexan dirixidas pola empresa concesionaria "que é a que toma decisións políticas e estratéxicas".

Desde Espazo Ecosocialista reclaman, nesta materia, a instalación de puntos de recollida de voluminosos ao lado dos outros contedores que permita a recollida porta a porta de este tipo de materiais, así como a posta en marcha de puntos limpos de recollida de refugallos inertes especiais: bombillas de baixo consumo, fluorescentes, CD ou consumibles de impresoras, ou dun mercado de troco e de segunda man de tecnoloxía informática.

Ademais, considera que en Pontevedra necesítase unha maior sensibilización da cidadanía. As cifras demostran, segundo este partido, que a recollida selectiva de residuos na propia casa "non se está a ser seguida maioritariamente pola cidadanía". Considera positivo o plan de compostaxe nas parroquias do rural aínda que cren que "parece moi pequena a experiencia piloto de 50 compostadores ampliables a uns cantos máis".

Por último, con respecto aos animais de compañía, Espazo Ecosocialista apunta a necesidade de crear zonas específicas para eles. Recintos pequenos pechados por elementos vexetais ou empalizadas, cubertos de area, en tódalas áreas de paseo e lecer. "Evítase así que proliferen as deposicións, os malos cheiros ou as botellas de auga nos recantos dos comercios", aseguran. Estas zonas deben ir acompañadas, sinalan, dun aparello para a recollida e limpeza mediante auga dos residuos das mascotas.