ÿ que nos están matando nas estradas de toda España sen que pasemos da resignación e da aceptación do fatalismo á acción.
Si é certo que hai circunstancias fatais que podemos considerar inevitables. Pode que as que concorreron no atropelo de Cristóbal Hermida sexan dese tipo.
Pero aínda así non podemos seguir inermes e moito menos botándonos a culpa a nos mesmos porque pensamos que tamén cometemos fallos. Si que os cometemos. Si que pasamos semáforos de peóns (non me creo que de interseccións) en vermello e sen risco para os peóns. Si que ás veces non circulamos polas beiras das vías porque están cheas de perigos para os ciclistas, incluso con obstáculos de todo tipo e sobre de todo coches aparcados onde non deberían. Si que imos de dous en dous pero cando un de nós vai pola beira da estrada e ademais porque nos está permitido facelo así e porque en grupo imos máis protexidos porque somos máis visibles para os condutores... Pero sempre tratando de facilitarlle o paso ós automóbiles.
¿Pero que son esas circunstancias, senón nimiedades, comparadas coas agresións que sufrimos por parte de algúns condutores? Si agresións
¿Pois que son, se non agresións, as pitadas, insultos, arrimadas (e incluso azoutas de copilotos) que temos recibido dos condutores incivilizados? ÿ certo que non son todos. Trátase dunha porcentaxe cada vez menor e nótase cando vai ó volante unha persoa que tamén anda en bicicleta. Esas persoas son as que mellor comprenden a necesidade de deixar amplos marxes de protección cando se adianta a un ciclista. Non como eses outros que sendo minoría poden causar moito dano, adiantando con aceleracións de cabreo e arrimándose todo o que poden ós ciclistas para deixarlle ben claro que lle están estorbando na estrada.
Así as cousas, compre tomar conciencia da necesidade de facer valer os dereitos dos ciclistas nas estradas.
Necesítanse investimentos importantes por parte das administracións públicas para mellorar o estado das beiras das estradas non só en canto a limpeza senón en ampliación das súas dimensións. De pouco vale que se fagan en cada localidade unha ducia de quilómetros de carril para bicicletas (mal deseñados e mal repartidos) cando o cada vez maior número de ciclistas percorre en cada xornada distancias catro ou seis veces superiores.
Mentres todo iso non se fai, compre que haxa sinalizacións de todo tipo nos tramos frecuentados polos ciclistas así como campañas agresivas de concienciación e incluso medidas coercitivas para os condutores máis incívicos. Acabaremos tendo que manifestarnos e incluso levar cámaras que graven as animaladas que fan algúns para publicalas nas redes sociais, para que as autoridades se conciencen do problema e, se cadra, para que lles caian as sancións pertinentes.
Ramón Eixo Blanco.
Condutor e ciclista afeccionado.