Non lles mintades máis!

28 de enero 2024
Actualizada: 18 de junio

Hai algo máis dun ano que comezou a súa relación con Pedro, unha relación que comezou non sen certa reticencia despois de algo máis de tres de romper unha anterior, unha ruptura que, malia non revestir, afortunadamente, violencia de ningunha clase, a deixou moi afectada, porque, moi namorada, chegou a pensar que atopara a persoa coa que ía compartir toda a súa vidaspandejavu>spandejavu>spandejavu>

Ana (nome ficticio), non pode máis.

 

Sinte que se asfixia, que non pode xa case respirar, que a impotencia e o medo están a acabar con ela, e non ve alternativa ningunha.

 

Hai algo máis dun ano que comezou a súa relación con Pedro, unha relación que comezou non sen certa reticencia despois de algo máis de tres de romper unha anterior, unha ruptura que, malia non revestir, afortunadamente, violencia de ningunha clase, a deixou moi afectada, porque, moi namorada, chegou a pensar que atopara a persoa coa que ía compartir toda a súa vida, crendo que era correspondida de igual xeito, mais, lamentablemente, por varias razóns, o tempo lle demostrou que non era así, polo que, malia a dor que isto lle causou, decidiu poñerlle fin.

 

Cando Pedro chegou a súa vida, non entraba para nada nos seus plans iniciar unha nova, mais a personalidade deste, un home encantador, do máis sociable, o indubidable namoramento dela que demostraba, os constantes detalles que tiña, unidos, a que negalo, a insistencia do seu círculo de amigos, de familia, que no deixaban de repetirlle o afortunada que era por ter atopado unha persoa como Pedro, agarimoso, sempre pendente dela, ademais de ser moi atractivo e gozar dunhas mos boas posicións económicas e sociais, acabaron por facer que, pouco a pouco, fora cedendo e iniciou unha relación de parella con él.

 

Os primeiros meses foron perfectos. O certo é que chegou a demostrarlle sobradamente todas esas virtudes que ela semellaba non ver antes de ser parella, ademais de atoparse cunha vida que nunca soñara con levar grazas a posición de Pedro.

Non era que antes lle faltara de nada, porque tiña un bo traballo, que conservaba, e vivía ben, pero , desde logo, non podía permitirse todo o que a vida ao seu carón lle poñía ao alcance da man e que el lle servía en bandexa.

 

Eran, son, aínda, porque, "oficialmente", seguen a selo, a parella perfecta, porque ambos son francamente atractivos, e Ana, en particular, é unha muller que chama a atención.

Guapa, cunha presenza e un estilo impecables, e un saber estar e comportarse e unha elegancia indiscutibles, algo que Pedro sempre valorou, e que lle recordaba día a día, repetíndolle o orgulloso dela que estaba. Que máis podía pedir?

 

Tan so había algo que a incomodaba un pouco, a súa insistencia, cada vez maior, para que foran a vivir xuntos, algo para o que Ana aínda non se sentía preparada, así como as constantes chamadas e whatsapps que algúns días lle facía, se ben isto último eran algo puntual, polo que ela mesma intentou autoconvencerse de que se sentía así, era culpa súa, xa que, despoís de tanto tempo sen ter parella non se adaptaba a circunstancias que, sen dúbida, eran normais, e, de feito, se o comentaba con algunha amiga, ningunha lle daba importancia.

Pola contra, todas coincidían en que tiña moita sorte, e que era moi afortunada por ter a Pedro, sempre pendente dela.

Asi as cousas, unha vez máis cedeu, e accedeu a que viviran xuntos.

Non lle faltaba, nin lle falta, de nada. Unha boa casa, cartos, boa roupa, pero outras comezaron a faltarlle, entre elas a máis importante, a liberdade.

 

Xa nunca quedaban con amigos nin coa familia, e se se queixaba ou amosaba os seus desexos de facelo, Pedro sempre lle respondía que non había ningunha necesidade, que estaban ben como estaban, sos, e que se ela non sentía o mesmo, era porque non o quería tanto como él a ela, e Ana calaba.

 

Tamén lle insistía para que deixara o seu traballo, xa que, segundo él, non lle facía falta ningunha e co que él lle daba, podía vivir coma unha raíña, descansada, e con toda tranquilidade, polo que, finalmente, malia non estar nada convencida, Ana pediu unha excedencia. Actualmente depende económicamente de Pedro ao cen por cen

 

Pero o peor de todo, era, é, o constante control que comezou a exercer sobre ela, e que continúa mantendo a día de hoxe.

Continuamente lle revisa o móvil, controla as súas chamadas, mensaxes, e mesmo lle prohibiu o contacto con algunhas persoas, cada vez máis.

O mesmo facía coas súas redes sociais, e unha sinxela conversa cun amigo....ou cunha amiga, podía desencadear un acceso de ira por parte de Pedro deixando ver unha parte da súa personalidade que nunca antes amosara, polo cal Ana optou por pechalas, illándose así de case todo o mundo, que non entenden que pasa con ela, e mesmo a culpan, xa que as poucas veces que a ven é obvio que cambiou, continuamente triste, malhumorada, mentres que Pedro continúa a ser o home simpático e cordial de sempre.

Apenas sae da casa, e, se o fai, él ten que saber sempre a onde e con quen vai, o tempo que tarda en ir e volver, e, a día de hoxe, Ana ten claro que a vixía.

Chegou mesmo a prohibirlle ir a compra, facendo que lla leven a casa.

 

Por outra banda, hai xa moito tempo que él comezou a ter estalidos de ira, así como uns celos incontrolables, e ilóxicos, xa que non a perde de vista en todo o día.

Constantemente lle falta ao respecto, insultándoa, humillándoa, burlándose dela, ata o punto de que sendo, como xa dixen, unha muller espectacular, está persuadida de que é o ser máis ridículo do mundo.

 

Por se isto non abondara, Pedro está a volverse cada vez máis agresivo, e, malia que ela sostén que nunca lle pegou, si admitiu que a forzou sexualmente en máis dunha ocasión e que a ameaza con matala se tenta romper a relación.

En definitiva, Ana está a ser unha muller maltratada de manual.

 

Despois de agochar a súa verdadeira situación durante moito tempo por medo, por vergoña, decidiu confiarse a unha amiga tras escoitar repetidamente nos medios de comunicación que ante algo así, a única solución é a denuncia, polo que, apoiada e acompañada por esta, e nun estado de pánico total e absoluto, decidiu dar o paso, e acudiu a denunciar a Pedro, atopándose de bruzos coa realidade.

Naturalmente, todo o que Ana está a vivir, o control, as ameazas, son de portas adentro da casa, non hai probas, nin testemuñas, polo que nada pode demostrar.

 

Malia todo, insistiu en poñer a denuncia, co cal, a día de hoxe, Pedro, sabéndose denunciado e impune, está a ser cada día máis e máis agresivo, mentres que o risco de Ana, a que, obviamente, non se lle está a brindar ningún tipo de protección, corre un risco cada vez maior.

 

Chegou a Si, hai saída hai algunha semanas totalmente desesperada, e, agás escoitala, pouco máis podemos facer, porque, desgraciadamente, Ana está a vivir a realidade, o que os medios de comunicación non contan, o que as FCSE, non contan, o que os políticos non contan.

 

Instan as mulleres a denunciar, que sería o lóxico, si. Insisten en que, en canto detecten os primeiros sinais de malos tratos psicolóxicos, denuncien, pero do que ninguén as advirte e de que, non soamente non lles vai servir de nada, se non que o seu risco vai aumentar de xeito notorio.

 

Señoras e señores políticos, membros das FCSE, medios de comunicación....isto non é unha campaña de publicidade. Estamos a falar de vidas, de seres humanos. Teñen todo o dereito a coñecer a verdade, a dura realidade que lles agarda.

 

Se non as axudades, tede, a lo menos, un pouco de dignidade e non lles mintades máis. É o mínimo que merecen, ao que teñen todo o dereito, non vos parece?.

 

Asociación Si, hai saída