Os costumes da Festa de Santo Antonio de Caroi

18 de enero 2013
Actualizada: 18 de junio 2024

Di o refrán "O Santo Antón verdadeiro é o do 17 de xaneiro". O 17 de Xaneiro a Igrexa Católica celebra a festividade de San Antonio Abade, monxe cristiano que viviu en Exipto entre o ano 251 e o ano 356, morrendo un 17 de xaneiro aos 105 anos, e está considerado o fundador do movemento eremítico. Sábese que aos 20 anos vendeu todos os seus bens, entregou o diñeiro aos pobres e retirouse ao deserto, e que atendía varias comunidades monacais en Exipto, permanecendo eremita. ÿ santo protector dos animais domésticos, especialmente dos porcos, así como patrón dos cesteiros, teceláns, e pasteleiros, ademais de santo avogoso para moitas enfermidades como eccema, epilepsia, ergotismo, erisipela e da pel en xeral. Represéntase como un home vello co hábito da súa orde, e ás veces cun porco aos seus pés.

Pero en Santiago de Caroi, parroquia situada nas terras altas do concello pontevedrés de Cotobade, nesta data se celebra desde antigo festa na honra de San Antonio de Padua, que ten a súa festividade o 13 de xuño. Naceu en Lisboa (Portugal) un 15 de agosto de 1195 e morreu en Padua (Italia) un 13 de xuño de 1231. ÿ santo avogoso para encontrar obxectos perdidos, para que se cumpra un desexo, ou para recuperar a saúde, mais sobre todo é santo casamenteiro, como ben conta este refrán: "Meu Santo Antonio casamenteiro, rógoche un mozo garrido e solteiro". Ou nesta copla recollida en Caroi e publicada en "Caroianos. Unha viaxe pola nosa historia rural", de Germán Fortes e Xosé Fortes

San Antonio de Caroi
Casamenteiro de vellas,
Porque non casas as mozas?
Que mal che fixeron elas?

ÿ santo padroeiro de Portugal, de Lisboa e de Padua, e tamén patrón dos mariñeiros,  náufragos, e prisioneiros. A súa representación iconográfica máis frecuente é a dun mozo tonsurado vestindo o hábito dos frades franciscanos, sostendo o Neno Xesús sobre un libro ou entre os brazos, a quen contempla con expresión tenra, e tendo unha cruz ou un ramo de azucenas na outra man. Estes atributos poden ser substituídos por un saco de pan, que distribúe entre pobres ou enfermos: esta escena representa a aparición do Neno Xesús ao santo durante unha das súas oracións. Conta  o milagre que San Antonio tivo durante unha noite ao Neno Xesús no colo.

Na igrexa parroquial de Santiago de Caroi unha das capelas do cruceiro está adicada a San Antonio. A capela é de estilo gótico, cuberta con bóveda de crucería, probablemente construída a finais da Idade Media, segundo citan Germán Fortes e Xosé Fortes.

Foto do altar de San Antonio

O altar, feito totalmente de pedra, está composto por un corpo superior e un corpo inferior. O superior é obra de Manuel Fortes, como así di a inscrición labrada no friso "MANVEL ⿿ FORT ⿿ ANO ⿿ DE ⿿ 1885", de inspiración clásica, imitando ás fachadas dos templos da Grecia e Roma clásica: o frontón e o entablamento non teñen elementos decorativos, só a inscrición antes citada. Baixo estes, e acompañada de dúas columnas con capiteis corintios, situase unha fornela na que, sobre peana de pedra, hai unha imaxe de San Antonio de Padua, unha talla de madeira policromada, representado como un mozo vestido con hábito franciscano, sostendo ao Neno Xesús nos brazos, ao que mira moi tenro. A fornela está decorada na súa parte superior cunha cuncha de vieira labrada na pedra. O corpo inferior está formado por unha mesa de pedra, con elementos decorativos, autoría de Francisco Fortes, segundo a inscrición na súa base, a rentes do chan: "ICOLO FRANCISCO FORTES AÿO 18¿09?".

ÿ costume en Caroi que o día da festa de San Antonio (tradicionalmente o 17 de Xaneiro, pero nos últimos tempos celébrase o sábado seguinte) se celebre unha misa na súa honra na que sae o santo en procesión levado en andas por mozos solteiros da parroquia, dando unha volta arredor da igrexa parroquial, sendo levado dende hai anos por mozas.

Foto da procesión de San Antonio (ano 1962)

Outro costume é facer unha gran fogueira no torreiro, situado no campo da capela do Neno Xesús dos Aflixidos, para facer máis levadeira a verbena, porque as noites de xaneiro en Caroi son de moita xiada. Nos últimos anos a causa deste frío a verbena normalmente ten lugar na sala da escola das nenas.

Había outros dous costumes por esta festa, mais hai moitas décadas que se perderon: xa meu pai non as acorda, por tanto son anteriores á decada de 1940. Conta el que en tempos do meu avó  había un porco, o porco de San Antonio, que andaba de casa en casa, e probablemente logo poxábase e cos cartos que se sacaban axudábase a facer a festa do San Antonio. Hai que resaltar que este costume sí é propio da festividade do 17 de xaneiro: o porco de San Antonio era unha tradición moi común en toda Galicia, segundo consta no "Diccionario Enciclopédico Gallego Castellano", de Eladio Rodríguez González, e que, por exemplo, aínda pervive en Espasante, no concello coruñés de Ortigueira, onde lle dedicaron unha estatua a esta tradición e onde se celebra unha romaría a San Antón na capela adicada ao mesmo santo.  O porco de San Antonio ten a súa orixe en que San Antonio Abade é santo protector dos porcos,  porque cóntase que nunha ocasión acercóuselle unha femia de porco bravo coas súas crías (que estaban cegas), en actitude de súplica. Antonio curou a ceguera dos animais e desde ese momento a nai non se separou del e defendeuno de calquer alimaña que se lle acercara.

Refráns populares que recollen esta tradición son: "O porco que é pro lobo, non hai San Antón que o garde" e "Porco que se está cebando, non hai San Antón que poida gardalo"

O outro costume que tiña lugar en Caroi na festa de San Antonio era a construción dun globo de papel, de maís ou menos un metro de alto, coa armación de canas de foguete. O papel era de estraza, cortado en triángulos, que logo se pegaban con fariña de centeo. A propulsión era con gas, que quentaba o interior do globo ata facelo voar: contoulle o meu avó a meu pai que a vez que máis lonxe chegou foi ata o Castro Toraxe, no medio do monte Cabeiro. Meu avó axudou a facer o globo varios anos, pois era tarefa na que participaba un grupo de persoas.

A invención dos globos de papel remóntase á China en época medieval, xa que sábese que no 1306 se elevou un globo en Beijing, con motivo da coroación do emperador Fo-Kien, e a súa chegada a Occidente débese a Marco Polo. Con certeza o primeiro do que se ten constancia é o lanzado en 5 de xuño de 1783 en Annonay, Francia, polos irmáns Joseph e Pierre Montgolfier. En Galicia hai outros lanzamentos de globos de papel, como o Globo de San Roque de Betanzos, o globo de San Roque de Celanova, o globo de O Castro, o globo de Guiliade, ou  tamén en Ponteareas.
O Globo de San Roque de Betanzos é considerado o máis grande do mundo e o que ten máis sona. Lánzase cada 16 de Agosto, tradición que Claudino Pita, un albardeiro, comezou en 1875 para homenaxear a festividade de San Roque, e dende entón continuan membros da súa familia. Segundo Alfredo Erias Martínez, no seu artigo "O San Roque de Betanzos, o Globo e os Caneiros" en Betanzos hai lanzamentos anteriores de globos de papel ao de 1875, como o de 1814, lanzado na noite do 29 de maio do devandito ano para celebrar á volta de Fernando VII ao trono, ou noutras celebracións políticas, como o acto de publicación da Constitución de 1837, e xa na década de 1830 o globo parece ser elemento consolidado e obrigado nas festas de San Roque, habendo documentos que falan do lanzamento dun globo en 1834 e de dous en 1835: antes de 1875 documéntanse seis globos en festas políticas e dezanove en relixiosas.

O Globo de San Roque de Celanova, segundo consta nos libros de actas do Concello, leva lanzándose na noite do 15 de Agosto desde 1845  desde un balcón do Mosteiro de San Salvador, fundado por San Rosendo e situado na Praza Maior de Celanova. O globo  desde 1987 é elaborado pola familia Pita de Betanzos.

O globo de O Castro, na parroquia sadense de Osedo, tradición que se ven celebrando a finais de agosto nas festas de O Castro dende 1963 e recuperouse en 2010, despois de levar paralizada desde 1988, ano no que superou por un metro ao de Betanzos.

O da parroquia betanceira de Guiliade, coñecido como o "pequeno de Betanzos", lánzase cada 11 de setembro desde fai décadas, e en Ponteareas o 29 de setembro sóltanse globos de papel na honra do San Miguel, tradición arraigada que estase a recuperar na última década.

 

Manuel Fortes Besada