Reclamamos máis democracia

26 de mayo 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Neste contexto de eleccións, vémonos de novo bombardeados por intensas mensaxes dirixidas a establecer unha conexión emocional co electorado, co propósito de xerar confianza e empatía. Con todo, e aínda que o lema do despotismo ilustrado "todo para o pobo, pero sen o pobo", non aparece, obviamente, no discurso dos candidatos, si está moi presentespantimes>spantimes>spantimes>spantimes>spantimes>

Neste contexto de eleccións, vémonos de novo bombardeados por intensas mensaxes dirixidas a establecer unha conexión emocional co electorado, co propósito de xerar confianza e empatía. Con todo, e aínda que o lema do despotismo ilustrado "todo para o pobo, pero sen o pobo", non aparece, obviamente, no discurso dos candidatos, si está moi presente. En consecuencia ocultan nesas alocucións, o anhelo de concentrar o poder en mans duns poucos e iso implica a toma, no futuro, de decisións unilaterais. Tamén agochan o respaldo que reciben nas súas campañas electorais dos grandes intereses económicos. Ao fin e ao cabo, estas requiren grandes cantidades de diñeiro e iso altera, indubidablemente, a equidade da representación democrática.

 

En definitiva, facilmente podemos inferir que a loita partidista por conseguir o poder provoca, que posteriormente se dea prioridade os intereses partidistas sobre o benestar común.

 

A realidade é que o pobo perde a soberanía, delega o poder nos electos e estes seguen tratando á cidadanía como menores de idade. As urnas non poden ser o cadaleito da democracia. De feito unha sociedade é democrática non por crer certas cousas senón por existir de certa maneira.

Ante este panorama, propoñemos un sistema de elección por sorteo (lotocracia) como unha alternativa que busca superar a desconfianza existente cara aos políticos e os partidos. Un sistema que promova unha maior representatividade e participación cidadá e, en definitiva, ir avanzando cara unha democracia máis inclusiva e participativa; que rompa co predominio dos partidos políticos e dea poder á cidadanía común. O que reclamamos é máis democracia.

Isto non é unha utopía inalcanzable, de feito a historia do sorteo na política remóntase á antiga Grecia e volve gañar relevancia na actualidade como unha forma de revitalizar a democracia. Así, en Bélxica, dende o 2019, estase experimentando unha democracia por sorteo nos denominados "Consellos de Barrio". E de feito, a Unión Europea (UE) creou os chamados "paneis europeos", nos que cidadáns elixidos aleatoriamente reflexionan sobre o futuro que desexan para a UE, buscando incluír a voz da poboación na toma de decisións políticas.

A elección por sorteo ten, por un lado, profundos fundamentos teóricos: o afán da igualdade, a eliminación do partidismo ou a participación cidadá directa. Por outra banda, é crucial o control da corrupción e o clientelismo presente nos concellos. Nese sentido, ao evitar a necesidade de financiamento das campañas e reducir a forza de grupos de interese, mitígase o risco de captura dos concellos por parte de intereses particulares.

En conclusión, a elección por sorteo pode ser unha ferramenta valiosa para fortalecer a democracia, neutralizar os intereses dos "hipermilitantes" e abordar as deficiencias do sistema electoral tradicional.