A deixadez dos medios na Xustiza

31 de julio 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Con data de hoxe, denunciouse á Dirección Xeral de Xustiza, a lentitude dos medios tecnolóxicos nas vilas pequenas, tanto de Minerva como do portal Efidelius

Con data de hoxe, denunciouse á Dirección Xeral de Xustiza, a lentitude dos medios tecnolóxicos nas vilas pequenas, tanto de Minerva como do portal Efidelius.

Ante este problema, os usuarios que acceden aos xulgados para facer algún trámite ante o funcionario, quedan absortos ante a lentitude, observando a desesperación do funcionario contemplando a pantalla, entendendo por parte deste sindicato que é un problema de velocidade na rede.

Por parte da Administración de Xustiza, preténdese unha xustiza máis áxil e con mellores medios tecnolóxicos, pero de pouco ou nada servirá que se poida alcanzar o pleno aproveitamento de programas e aplicacións nos xulgados e tribunais (cousa que está moi lonxe de acadarse), mentres nas pequenas e medianas cidades as traballadoras/es e os cidadáns se van atopando con
numerosos obstáculos para poder lograr a utilización efectiva das novas tecnoloxías, na medida en que iso provoca unha maior diferenza por territorios no tratamento dos cidadáns ante a xustiza, ao depender a maior eficiencia procesual dos órganos xurisdicionais do municipio en que se atopen os mesmos.

Solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza que tomen as oportunas medidas a fin de mellorar a axilidade dos medios tecnolóxicos tanto Minerva como do resto de aplicacións nos pequenos municipios xa que o propio artigo 24.2 da CE indica claramente o, "...dereito de toda persoa a un proceso público sen dilacións indebidas e con todas as garantías..." cuxa interpretación xurisprudencial é a dun atraso padecido durante a sustanciación dun procedemento xudicial que obedece a causas exclusivamente imputables ao órgano ante o que se segue, non só se produce como consecuencia da indolencia ou neglixencia dos integrantes do órgano xudicial en cuestión, senón tamén se a causa son problemas estruturais, como a insuficiencia de medios persoais ou materiais ao seu servizo, como é o caso dos municipios os cales están abandonados.

 

Josefa Iglesias de la Campa, como Delegada pola CIG por Pontevedra