A política orzamentaria do goberno local de Pontevedra

26 de marzo 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Sorpréndenos o goberno do sr. Lores cando está a rematar este mandato coa non aprobación dos orzamentos para o ano 2023 forzando deste xeito a prórroga inmediata dos derradeiros aprobados no ano 2022

Sorpréndenos o goberno do sr. Lores cando está a rematar este mandato coa non aprobación dos orzamentos para o ano 2023 forzando deste xeito a prórroga inmediata dos derradeiros aprobados no ano 2022.

É sorprendente por varias razóns pero o máis salientable desta decisión é que tras a elaboración dos orzamentos para o ano 2023, sabendo que conta cunha maioría suficiente para a súa aprobación no Pleno, rexeite presentalos.

O mecanismo que articula as políticas municipais dun goberno local pasa pola aprobación dos orzamentos xa que son os que permiten a realización das inversións previstas e, á súa vez e nunha lóxica de exercicio de transparencia, permitir coñecer os ingresos e gastos previstos para ese periodo.

Esto é, si cabe, máis grave porque coa prórroga dos orzamentos do ano 2022 o concello perde de xeito inmediato un mínimo dun 8,5% da súa capacidade de execución en inversións, diferencial este ocasionado pola inflacción acumulada ao longo do pasado ano.

Aqueles que a miudo acudimos aos Plenos do concello de Pontevedra observamos como, a pesar de contar cun orzamento para o ano 2022, a tónica habitual nos ordinarios era a de dar conta ao Pleno das decisións da Xunta de Goberno Local de ampliacións de crédito por eso, si eso era o habitual durante un exercicio que contaba con orzamentos aprobados, cómo será neste 2023 cun orzamento prorrogado e cunha pérda dun 8,5%?

 

Manuel Ángel Sánchez Pallares / Sección Sindical SPPME Concello Pontevedra