O SERGAS non cumpre coas enfermeiras

06 de junio 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

As Enfermeiras de Galicia, estamos fartas de soportar ano tras ano os abusos da nosa Administración Pública (precariedade laboral, diminución de dereitos, aumento de ratios e carga asistencial, perda de poder adquisitivo…)

As Enfermeiras de Galicia, estamos fartas de soportar ano tras ano os abusos da nosa Administración Pública (precariedade laboral, diminución de dereitos, aumento de ratios e carga asistencial, perda de poder adquisitivo…)

Todo isto conleva unha consecuencia directa na calidade asistencial dos nosos pacientes

O feito é que, se actualmente non hai Enfermeiras nas listas de contratación haberá que analizar qué acontece coas Enfermeiras que saen das nosas facultades e por qué as listas de contratación están baleiras.
Non se fan contratos estables, de forma que as nosas enfermeiras eventuais buscan estabilidade na sanidade privada, noutras profesións, comunidades e incluso fóra de España, porque se ofrecen mellores condicións.

Ante esta problemática, a Administración tenta solucionar empregando as chamadas: autocoberturas.
Mentres a precariedade laboral non se solucione e se precise a opción das autocoberturas, éstas deben de ser retribuidas como o que son: Xornadas Complementarias Extraordinarias

Deste xeito, decidimos empezar por unha acción concreta:

Notificar ás nosas xerencias e aos nosos representantes sindicais a desigualdade salarial existente:
1. Manifestamos a desigualdade.
2. Solicitamos unha medida compensatoria.
3. Acordamos levar a cabo unha actuación concreta.

Na Mesa Sectorial do pasado luns 29 de Maio, o SERGAS decide UNILATERALMENTE empregar unha nova artimaña: un complemento retributivo enganoso.

Este complemento non vai fomentar a contratación senon máis ben todo o contrario, dado que favorecerá a duplicidade de carga das Enfermeiras xa contratadas e desmotivará a contratación, que é a nosa principal demanda durante todos estes anos: contratos estables e ratios adecuados para manter a seguridade dos nosos pacientes.

Preténdense impoñer unhas condicións que obrigan a realización dun determinado número de horas fóra da xornada ordinaria, e nun prazo determinado de tempo.

Somos un colectivo moi vocacional e resulta moi desagradable que se nos ignore cando solicitamos por xustiza a equiparación na remuneración do noso traballo fóra de xornada ordinaria, e que vexamos sempre en prensa a imaxe idílica que se quere mostrar pero que para nada reflicte a realidade da nosa situación laboral.

Como explicamos, hai unha chea de motivos para que as enfermeiras estemos cansas e que se resumen en:

Queremos poder dar coidados de calidade e con seguridade aos nosos pacientes e ás súas familias. Por eles, que confían en nos, seguimos adiante.
Queremos condicións de traballo dignas e acordes á nosa alta cualificación, traballo de alta complexidade e considerable responsabilidade
Queremos unha remuneración xusta no caso de ter que realizar autocoberturas segundo se acordou para as enfermeiras en xuño do 2022.


Ánimo, Orgullo e Unión 
É o momento de defender os nosos dereitos…!!!

 

 

Enfermeiras a por todas