Oficios dos veciños: Operaria/o de fábrica de gaseosas

22 de agosto 2021
Actualizada: 18 de junio 2024

Hai pouco sala nun medio de comunicación un artigo relacionado coas fábricas de auga cabornatada, o que coñecemos como gaseosa. O artigo comentaba que nos anos 50 do pasado século España chegou contar cunhas 5.000 fábricas de gaseosas, delas, en Pontevedra chegáronse a cifrar nunha estatística realizada nos anos 60, a cifra de 134 fábricas na provincia

Hai pouco sala nun medio de comunicación un artigo relacionado coas fábricas de auga cabornatada, o que coñecemos como gaseosa. O artigo comentaba que nos anos 50 do pasado século España chegou contar cunhas 5.000 fábricas de gaseosas, delas, en Pontevedra chegáronse a cifrar nunha estatística realizada nos anos 60, a cifra de 134 fábricas na provincia, a maioría eran fábricas familiares, a mesma estatística recollía unha media de catro traballadores por fábrica, os postos de traballo que xeraron estás fábricas chegaron a ser duns 600, tempos onde o consumo das augas cabornatadas e os sifóns eran o máis habitual nas mesas da maioría da cidadanía.

Houbo uns cantos veciños e veciñas de Cerponzóns que desempeñaron o seu traballo en varias das fábricas de Pontevedra, quero dar as grazas pola colaboración que tiven a Maruja Bea, A Juanica, que traballou vinte e catro anos nunha das fábricas máis importantes da cidade.

Maruja traballou na fábrica de gaseosas de Gabriel Santos, a maioría das fábricas recibían o nome e apelidos do dono, anos máis tarde Gaseosas Santos, que estaba situada ao carón do Hospital Provincial, na rúa Loureiro Crespo (anteriormente Calle del Progeso) denominaríase El Ama, este cambio de nome foi debido á raíz da absorción dun par de fábricas instaladas na cidade coa intención de buscar un nome máis comercial para facerlle fronte á competencia : Gaseosas La Casera, La Revoltosa, Pitusa, La Pontevedresa, etc. 

Uns anos máis tarde a marca El Ama pasaría a denominarse El Caballo Blanco.

A fábrica fundouna Juan Santos Garrido, denominándose Gaseosas Juan Santos, ao morrer este no ano 1900 pasa a chamarse Gaseosas Viuda de Juan Santos e hijos, anos máis tarde un dos fillos, Gabriel, faise cargo da xerencia e a fábrica cambia de novo de nome: Gaseosas Gabriel Santos.

Aqueles anos de bonanza para estas empresas, que chegaron vender na provincia máis de dezaseis millóns de litros de gaseosas, fixo que as empresas máis fortes do sector tivesen necesidade de man de obra, Maruja era menor de idade cando unha veciña comentoulle que si quería ir traballar con ela á fábrica.

Comezou traballar con dezasete anos, era o ano 1954, estivo vinte e catro anos na fábrica de Santos, e non continuou máis debido a que a fábrica pasou a mans doutro empresario.

Gaseosas Santos necesitaba operarios, era verán, cando máis necesidade de traballadores tiñan, a venda de gaseosas e sifóns quintuplicábanse, chegaron vender 200 caixas ao día. Maruja, co permiso dos seus pais comezou na fábrica de gaseosas, estivo quince días a proba, dada a súa valía fixéronlle contrato fixo nada máis acabou os días de proba.

Foron tempos duros, daquela Maruja vivía en Sta. María de Xeve, tiña que ir andando ao traballo e subir andando ao finalizar a súa xornada. Naqueles anos non había medio de transporte que puidese levala, máis tarde Maruja casa en Cerponzóns e cando podía ía xa no trolebús.

 

Compañeiras de Maruja, entre elas, Carmen a Xemada.

O primeiro traballo que lle encomendaron foi o de estar na sección de enchido, era a época das botellas con tapón de porcelana e con relieves exclusivos para diferenciarse das outras marcas, en xeral todas tiñan o seu arte gravado nas botellas. 

Especial coidado había que ter cos sifóns, compostos dun cristal con máis grosor que o das botellas de cristal habituais, podían explosionar de tal xeito que parecía unha bomba.

Un pouco máis tarde,Maruja comezou de axudante de reparto, durante anos repartiu caixas e caixas de gaseosas, sifóns, cervexas… normalmente Maruja ía acompañada do condutor do camión de repartición, practicamente era ela a que lle tocaba subir e baixar pisos, daquela non había ascensores, para non ter que subir tantas veces subía dúas caixas á vez, unha na cabeza e outra nunha man, para canto máis as caixas eran de madeira.

Maruja desde os seus comezos na fábrica comezou a probar conducir unha furgoneta da empresa e tamén unha motocicleta, dábaselle ben, o seu xefe animábaa a que sacase o carnet de conducir…pero había un problema, Maruja non sabía ler nin escribir, na súa vida foi soamente seis meses á escola, tal era así que ao principio non lle apetecía moito ir repartir as caixas de gaseosas e non era precisamente polo peso, era porque cando algún cliente non lle pagaba tiña que anotar nunha libreta quen lle quedaba debendo e non sabía facelo.

Maruja tivo que inxenialas durante os primeiros días, mentras que aos poucos ía aprendendo a escribir, ao chegar a casa logo da dura xornada laboral, que comezaba ás oito da mañá pero nunca sabía a que hora acabaría, o seu pai foille ensinando as primeiras letras. Así foi como aos poucos ía escribindo na libreta aqueles clientes que non pagaban, marcábaos cunha D (debe). O seu xefe vía que lle poñía interese e sempre estaba dándolle ánimos, ademais para ela era un traballo que aparte do soldo base, tiña unha comisión dependendo das caixas que vendesen.

Maruja repartía por toda Pontevedra: bares, ultramarinos, tabernas, edificios de sete ou oito pisos… así foi o seu traballo durante vinte e catro anos, ata que a fábrica pasa a mans doutro dono, o cal comprometeuse a respectar todos os dereitos dos traballadores que naquel momento había en El Ama.

 

Maruja coas súas compañeiras.

Cando comezou a nova etapa, coa marca El Caballo Blanco, a situación deu un xiro de 360º, todo o que prometera o dono non se chegou a respectar. 

Maruja deixou de repartir e pasou de novo a fábrica, pero esperáballe unha sorpresa, tiña que realizar o traballo ela soa de catro operarios.

Ademáis, o soldo que tiña, máis a comisión de vendas, máis as horas extras que traballaba viuse reducido, ela non estaba de acordo, o seu anterior xefe pactara co novo propietario que a cada operario da fábrica había de quedar nos seus postos de traballo e ter os mesmos honorarios que tiñan ata o momento da venda da fábrica.

Maruja estivo desempeñando o "novo" traballo vinte días, aquilo era un inferno, vinte días tivo que realizar o traballo de catro operarios, ela soa tiña que encher as botellas, controlar a taponadora, controlar a cinta transportadora, apilar as caixas, retirar as botellas defectuosas, era por demáis, nunha fábrica onde chegaron a ser cincuenta obreiros, Maruja recorda que cada un tiña o seu cometido e con gran carga de traballo enriba e todo se lle viña encima a ela.

Pero chegou o momento que Maruja non aguantou máis, mollada coma un pito, parou a maquinaria e foise tal como estaba a xunto ao inspector de traballo.

Presentouse co seu uniforme, un mandilón de plástico que tiña un peto que se utilizaba para gardar o bocadillo para ir comendo aos poucos, xa que nin tiñan horario para ir comer, ainda que na empresa había cociña e comedor non había tempo de tanto traballo que había. Entrou no local da inspección de traballo situada naqueles tempos preto da Alameda, preguntou polo inspector e pronto a fixeron pasar xunto el, un señor maior moi campechano, recorda Maruja, "faltáballe parte dunha perna, pero aínda así podía conducir, expliqueille o que me pasaba e veuse comigo á empresa. No seu automóbil adaptado fómonos á fábrica", alí preguntou polo xefe, indicáronlle a oficina, entrou, presentouse é preguntoulle si era verdade o que eu lle dixera a Maruja, o xefe contestoulle que si.

O inspector vendo que era verdade o que Maruja contara quixo facerlle ver ao dono da fábrica que non podía obrigar a unha persoa facer o traballo de catro, que iso estaba mal feito, a resposta do dono foi tal que o inspector contestoulle que a partir dese momento Maruja non traballaría máis con el.

O inspector nunca recibira queixa algunha do anterior propietario da fábrica de gaseosas, era unha empresa exemplar, o inspector non ía consentir que fixesen o contrario ao pactado, as consecuencias tardaron pouco tempo, a Maruja indemnizóuselle o que lle correspondía e os demáis traballadores que se atopaban na mesma situación que nosa veciña seguiron os seus pasos.

Alí quedou o novo dono da fábrica de gaseosas, plantado co seu ciclomato, o seu xarope e o seu ácido carbónico.

 

Maruja sentada encima do coche que conducía pola fábrica.

Foron uns cantos os veciños e veciñas que traballaron nas fábricas de gaseosas: Na fábrica de Gaseosas Feijoo traballaron Ángel Ucha, Margarita A Mandila, Ofelia, Teresa, Hermosinda A Maxuca, Mercedes RuibalManolo O Liuncho, o señor Manolo O Cecila, tamén Manolo O da Boca, actualmente o seu fillo Juan está tamén na misma fábrica.

Chicha a Laracha traballou na fábrica da Pitusa.

É na mesma fábrica de Maruja A Juanica, estiveron German O Chapí e Carmen A Xemada.