Os voluntarios falan dun novo “Nunca máis”

08 de enero 2024
Actualizada: 18 de junio

Ante a falta de actuación rápida da administración a cidadanía organízase para limpar pellets en toda a costa galega.

Ante a falta de actuación rápida da administración a cidadanía organízase para limpar pellets en toda a costa galega.

As redes socias serviron para conectar de forma rápida e eficaz a máis de mil voluntarios e voluntarias que non dubidaron en actuar.

Esta fin de semana de Reis ateigouse de xente con capachos, basoiras e coadores limpando as prais. “É moi frustrante, porque podemos limpar unha praia entre varios en toda unha tarde, e cando sube a marea volven aparecer. Tamén están aparecendo ducias de cetáceos mortos na costa, é desolador” explica un dos voluntarios onte na praia da Meixilloeira do Grove.

Os voluntarios falan dun novo “Nunca máis” e denuncian a lentitude das administracións en reaccionar a este grave accidente que aseguran “vai traer moitos problemas en cadea”.

En Sr Lanka houbo un accidente cun gran verquido de plásticos ao mar en 2021 e máis de 20.000 familias que dependían do mar tiveron que deixar de pescar.

Os voluntarios e voluntarias e asociacións ecoloxistas como Greenpeace e ADEGA, alertan de que este accidente é moi grave e piden medidas urxentes e eficaces.

Tamén queren transmitirlle á poboación que teñan coidado ao pisar nas praias ao ir pasear, xa que se se afunden os pellets na area son moi difíciles de recoller despois.

“Estes plásticos de 5mm dos que aínda non se coñece a composición exacta son difíciles de ver nun primeiro momento, pero logo empezas a ver o regueiro que deixou última marea”, comenta unha voluntaria.

 

Plataforma Veciñal "Non ao parque eólico do Castrove"