Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e as Confrarías e Agrupacións de Produtores de Mexillón din 'Non á mina, si á ría'

28 de abril 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

O acordo da PDRA de apoiar a manifestación convocada polas confrarías de Portosín e Noia e os bateeiros Mexilloeiros Olvimar S.L. Baixo o lema NON Á MINA, SI Á RÍA, este sábado, 29 de abril, ás 12:00h diante do edificio de San Caetano da Xunta de Galicia.

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e as Confrarías e Agrupacións de Produtores de Mexillón abaixo asinantes, presentes na reunión celebrada o pasado mércores, queremos facer público o seguinte:

O acordo da PDRA de apoiar a manifestación convocada polas confrarías de Portosín e Noia e os bateeiros Mexilloeiros Olvimar S.L. Baixo o lema NON Á MINA, SI Á RÍA, este sábado, 29 de abril, ás 12:00h diante do edificio de San Caetano da Xunta de Galicia.

Levamos desde hai anos reclamando unha maior apoio, atención e coidado á Administración en relación a súas obrigas legais e morais de protexer as rías. Das rías vivimos miles de familias e a súa actividade produtiva primaria é un motor socio-económico para todo o tecido produtivo da contorna e de Galicia.

A actividade mineira que apoia e subvenciona a Xunta de Galicia é incompatible co uso tradicional de milleiros de familias no noso litoral que se adican ao marisqueo e á acuicultura do mexillón, sinaladamente nas rías. Insistir na reapertura de minas como a de San Finx ou a de Touro é a morte para as nosas rías e a fame e a emigración para o futuro d@s nos@s fill@s.

Economicamente as empresas mineiras vanse lucrar cos nosos recursos xeolóxicos e van deixar para as xeracións futuras a contaminación. Temos moitos exemplos concretos que certifican que as empresas mineiras non asumen a contaminación que xeran (Aznalcollar, Touro, San Finx,...) e que progresiva e sixilosamente vai contaminando os nosos rios e rías, cando non o fan como consecuencia dunha ruptura das balsas.

Entendemos que é URXENTE que a Administración deixe de mirar para outro lado e pase a defender as nosas rías e ríos, porque son sostibles ambiental, social e económicamente e representan unha garantía de alimentación sana, sostible e fixadora de CO2.

Entendemos que permitir as actividades mineiras leva ao abandono da actividade d@s traballador@s do mar e, a medio prazo, a posible introdución da acuicultura industrial no espazo mariño en sustitución do cultivo tradicional, asemade do incremento de conflitos derivados da escaseza dos recursos.

ASINAN ESTE COMUNICADO:

As confrarías de Cambados, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cabo de Cruz, a Pobra do Caramiñal, Rianxo.
Opmega, Asmecruz, A.P.M.Illa de Arousa, A.P.M. Viladomar, A.P.M. Pobra. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.