Proxecto 'Ciencia nunha caixa de zapatos', de Nicolás Outón Fernández

01 de diciembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Tiña a idea de inxeniar un novo método de propulsión sen partes móbiles nin combustibles, só mediante electricidade. Para elo, deseñei o circuito que me permitiría levar a cabo a parte eléctrica na axenda da niña. Merquei varios transformadores, cables, tiras de níquel… e máis materiais

Como proxecto para a semana da ciencia na biblioteca do IES A Xunqueira II, decidín presentar un prototipo de propulsor iónico:

 

Tiña a idea de inxeniar un novo método de propulsión sen partes móbiles nin combustibles, só mediante electricidade. Para elo, deseñei o circuito que me permitiría levar a cabo a parte eléctrica na axenda da niña. Merquei varios transformadores, cables, tiras de níquel… e máis materiais.

 

Empregando a placa Arduino programei todo para poder controlar o seu encendido e protexer contra cortocircuitos. Coa impresora 3D, deseñei nun CAD os modelos do propulsor e tras 20 horas, tiven todo o necesario.

Levoume dúas tardes, entre programación e montaxe.

 

O propulsor baséase na ionización do osíxeno para provocar unha atracción eléctrica entre estes átomos e o electrodo negativo, producíndose así o chamado “vento iónico”.

 

A idea xurdiume pensando nas vantaxes que proporcionaría en aplicacións nas que se necesite estabilidade, silencio, ausencia de vibracións e nas que non se poidan empregar partes móbiles.

 

Este tipo de motores penso que non están sendo moi investigados, e aínda non teño coñecemento de ninguén que deseñara un propulsor como o prototipo que presento.

 

Nicolás Outón Fernández

1ºBTO B.