O Museo, ao igual que a Biblioteca Municipal, fica pequeno para as necesidades que precisa Marín. Non teño a impresión que a curto e longo prazo as actuais autoridades municipais estean pola labor de modificar esta conxuntura.
Se falamos dun turismo de calidade, deberíamos posuír un lugar axeitado de exposición do noso rico patrimonio histórico como cultural. Non será por edificacións emblemáticas, moitas delas encamiñadas por un guieiro ruinoso, que doten a Marín dun uso amplo con toda diversidade etnográfica, arqueolóxica e cultural que temos.
Exposicións permanentes das obras de Manuel Torres, Martínez Villafíns, Antón Sobral, José Solla, entre outros, así como cunha recolleita con material que teña a ver cos maios, a música, o entroido, a danza de espadas, pasando pola cultura popular relacionadas co mar e o agro, sen esquecer o noso patrimonio arqueolóxico e histórico ou o material doado pola familia de Raimundo Vidal Pazos. Marín non é rico e merecente polo tanto dun Museo máis grandioso?.
Para rematar, construír ao final do paseo Blanco Solla unha edificación de lecer que compita cos negocios locais e que cega a saída ao mar da vila non me parece o mellor camiño para o turismo de calidade que precisa o concello.