Decia Galeano... Moita xente pequena en lugares pequenos facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo. Outro ano mais e xa van vinte que homes e mulleres comprometidos coa conservaciòn da natureza combocados pola asociaciòn Vaipolorio logo do paròn por mor do confinamento do Covid saíron con novos folgos para acometer outro ano máis a limpeza do rio dos Gafos que, entre todos, emporcamos a cotío, unha laboura digna de loubanza que fan desinteresadamente roubandolle ao seu tempo de descanso e lecer para que moitos poidamos presumer de ter un rio limpo e descontaminado.
Ali estaban na mañanciña dun domingo de festa un fato de homes e mulleres sen medo ao coronavirus póndose os traxes de auga, botas e lubas e estremando as medidas de precauciòn coas incomodas máscaras protectoras e xeles desinfectamtes. Namentres a maioria de nós aínda durmía ou estaba a prepararse para pasar o domingo no campo ou na praia, eles axiña preparábanse para mollarse polo río. Neste ano o inicio da campaña colleume de viaxe poren o meu corazòn estaba ao carón dos homes e mulleres que en vez de estar a goza do seu dia de descanso e lecer estaban enchoupados no auga limpando o meu rio dos dourados días da infancia. Ano tras ano choven as verbas para rendir homenaxe a Vaipolorio sobre todo neste ano difícil para todos sen primavera despois do que pasamos, eles non se esqueceron de limpar o río de todos . O río das beiras cheas de narcisos e lirios ,donde recende a mentrasto e loureiro e medran as mapoulas de cores e cantan o merlo eo cuco , e coa luz das vagalumes e nas noites co escentilar das estrelas pódense ver as avelaiñas e morcegos.
Tamén outro ano máis temos que agradecer aos entusiastas mozos e mozas da Asociacion Xoán XXIII dedicada a formacion e promocion integral das persoas con discapacidade intelectual reducida que se mollan polo río dos Gafos. Neste ano, asustados do comportamentos dalgúns pois ata mascarillas sacaron do rio. Estes entusiastas mozos e mozas son un exemplo para todos nós polo entusiasmo e compromiso que poñen cando vaixan a limpar o río. Vaipolorio e a Asociacion Xoán XXIII son un exemplo de solidariedade nestes tempos da pandemia e merecen todo o recoñecemento e parabens de todos. Ánimo e forza, compañeiros e compañeiras. Que cante o merlo, que despois do verán chega o inverno.