Juan Manuel Rey gaña o 'pulso' con Besteiro e será o candidato do PSdeG-PSOE en Caldas
Juan Manuel Rey encabezará finalmente a lista do PSOE en Caldas. Así o comunicou a dirección dos socialistas galegos mediante un comunicado, tras a xuntanza que o actual alcalde do municipio mantivo na tarde deste venres coa secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela.
A aprobación do partido prodúcese, sinalan os socialistas, despois de que a xustiza suspendese o seu procesamento ao ter admitido a trámite o recurso presentado polo alcalde solicitando a anulación da súa causa por un suposto delito de malversación polo pagamento dunha multa con fondos públicos. "Recorrer é un dereito e a admisión a trámite reforza a miña posición", declaraba Juan Manuel Rey en rolda de prensa unhas horas antes.
O PSdeG-PSOE sinala que esta postura está consensuada polas direccións galega e federal, despois de que a Comisión de Garantías estudase "con detalle" a situación xudicial de Juan Manuel Rey e analizase as súas alegacións.
Así, "ante a posibilidade da nulidade das actuacións, que o xulgado admitiu estudar," os socialistas recordaron que o código ético só atinxe a aqueles cargos do partido que teñan unha data fixada para a celebración de xuízo oral nunha causa penal.
Todo iso chega horas despois da última comparecencia pública do alcalde de Caldas. Nela, Juan Manuel Rey aseguraba que non recibira presións para abandonar as siglas do PSdeG-PSOE senón "ánimo e apoio de moita xente".
Entre eles, recoñeceu que non se encontraba o actual secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro. O rexedor desvelou que durante todo este tempo "non falei con el". Aínda que non o citou, si dixo que sentía "decepción" con algunhas persoas de partido, pero agradeceu o apoio "maioritario" dos cargos institucionais dos socialistas galegos e o respaldo da executiva local e dos seus compañeiros en Caldas.
"Fago un esforzo por manter a calma e a compostura (...) esta moderación ten que ver pouco co meu carácter"
Juan Manuel Rey ten previsto presentar a súa candidatura, que deberá ser aprobada pola asemblea local do PSdeG, este mesmo domingo.
A pesar diso, reiterou que seguirá loitando para defender a súa inocencia nesta causa xudicial. Neste sentido, o alcalde repartirá porta por porta unha carta na que expón os veciños, entre outras cuestións, a situación na que se encontra e os informes que desmenten as acusacións contra el.
Ademais, infórmalles que isto "non é unha denuncia, é un programa político", xa que apunta que o querelante contra el está vinculado á formación Independientes de Caldas. "ÿ unha traizón a todo o pobo", sinalou. "ÿ o que veñen facendo durante oito anos, en vez de traballar e lograr cousas para os veciños".
Relacionadas:
-
A xuíza rexeita o recurso presentado polo alcalde de Caldas contra a apertura de xuízo oral
Por Oskar Viéitez |
-
Eleccións 24M: Vitorias en minoría de Juan Manuel Rey (PSOE) en Caldas e Antonio Pena (PP) en Cuntis
Por Redacción |
-
Dictan un novo auto de apertura de xuízo oral contra o alcalde de Caldas
Por Redacción |
-
Besteiro recorda ao alcalde de Caldas que no PSdeG "hai un código ético que non podemos ignorar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Juan Manuel Rey presentarase ás eleccións en Caldas, con ou sen o PSOE
Por Redacción |
-
Abren xuízo oral por malversación contra o alcalde de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |