Jacobo Moreira: "Me he avergonzado por el caso de Rato"
Por Natalia Puga
A detención do exvicepresidente do Goberno co PP e exdirector xerente do Fondo Monetario Internacional, Rodrigo Rato, polos delitos de fraude, branqueo de capitais e alzamento de bens salpica tamén a actualidade política a nivel local. Este luns, foi o propio candidato do PP á Alcaldía por este partido, Jacobo Moreira, o que repudiou os comportamentos que se atribúen ao tamén ex presidente de Bankia. "Os puedo asegurar que me he avergonzado por el caso de Rato", asegurou nunha rolda de prensa na que condenou os casos de corrupción.
O alcaldable 'popular' quixo deixar claro "el compromiso del Partido Popular de Pontevedra y de Jacobo Moreira contra la corrupción" e lamentar que estes casos "sigan desprestixgiando a la política y a los políticos". "Seré el primero en rechazar públicamente estos comportamientos", asegurou, para engadir a súa condena aos mesmos "sea del partido que sea".
Moreira realizou estas declaracións tras dar conta das enquisas internas que manexa o PP sobre a intención de voto dos pontevedreses nas eleccións municipais do 24-M e a sondaxe realizada polo xornal La Voz de Galicia. Os estudos que eles manexan prevén un resultado igual ao das últimas eleccións municipais (11 concelleiros para o PP e o BNG e tres para o PsdeG-PSOE) mentres que os do xornal dan ao BNG 13, 9 ao PP, dous ao PSOE e un a Ciudadanos (C's).
Segundo indicou, non se mostran preocupados polos resultados desas sondaxes, pois "en las encuestas al Partido Popular a nivel local nunca nos dan como ganadores", pero si toman en conta ambos os dous ao asegurar que deles se desprende unha "bipolarización entre el BNG y el PP clara" e que "está claro" que a Alcaldía se vai debater entre ambos os dous partidos e "no hay otra opción de que otra persona pueda ser alcalde".
BNG e PSOE ven difícil que novos partidos entren na Corporación tras o 24-M
Moreira lanzou unha mensaxe aos cidadáns advertindo que "hoy en día en Pontevedra no votar al Partido Popular puede facilitar la mayoría absoluta al alcalde Lores. Con lo cual, si hay ganas de cambio, hay que votar al PP" e chama a atención sobre a alta porcentaxe de votantes indecisos. Segundo a súa enquisa interna, entre un 20 e un 30% dos pontevedreses non sabe a quen votar e nesa situación inflúen, fundamentalmente, dous feitos, a eclosión de Ciudadanos (C's) a nivel estatal e o recente caso de corrupción destapado en relación con Rodrigo Rato.
Á hora de valorar as enquisas, Moreira móstrase sorprendido de que C's consiga representación en Pontevedra e non outros partidos, pois "creo que quizás pueda entrar con más fuerza otra formación como Marea Pontevedra". Ao respecto, o candidato do PsdeG-PSOE, Agustín Fernández, ve "difícil" que algún partido que agora non está presente na Corporación entre tras o 24-M, pois resulta complicado chegar á porcentaxe do 5% dos votos que se requiren para conseguir representación.
Nesta mesma liña, o candidato do BNG, o actual alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, descarta valorar as enquisas publicadas, pero si mostra o seu convencemento de que hai unha "tendencia á alza" do seu partido fronte á baixo do PP e o PSOE e que "non está claro" que outras forzas políticas cheguen a conseguir algún concelleiro. Lores si ve "probable" que os nacionalistas sexan a lista máis votada.
Os socialistas non manexan enquisas propias a nivel local, pero Tino Fernández fai referencia a unha sondaxe a nivel estatal que fala dunha recuperación da intención de voto a favor do PSOE. No caso de Pontevedra, cita a recente enquisa de La Voz de Galicia na que interpreta que "de los tres partidos que tienen representación, el único que mejora en intención de voto es el PSOE, el resto bajan".
Relacionadas:
-
María Rey, candidata de Ciudadanos en Pontevedra: "Uno o dos concejales sería un resultado fantástico"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Moreira presenta, baixo a chuvia, a lista íntegra do PP: "Nosotros sí nos mojamos por Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |
-
Luís Rei presenta a candidatura de Marea Pontevedra reivindicando o "republicanismo cívico"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Así é a candidatura completa dos socialistas ás eleccións municipais en Pontevedra
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A candidatura do BNG en Pontevedra renóvase dando peso a dirixentes do movemento asociativo
Por Natalia Puga |