Un deles ocupará a Alcaldía
Por Mónica Patxot
María Biempica, María Rey, Carlos Maestro, Agustín Fernández, Miguel Anxo Fernández Lores, Jacobo Moreira, Pilar Dopazo e Luis Rei. Só pode quedar un.
En 17 días, os pontevedreses teremos que decidir quen deles será o próximo alcalde ou alcaldesa da cidade. Este venres arranca a campaña electoral e unhas horas antes PontevedraViva xuntounos a todos para unha foto exclusiva.
A idea, facer algo diferente: un selfie inédito na política municipal. Os oito candidatos, máis xuntos do que volverán estar na vida, retratáronse eles mesmos para os lectores de PontevedraViva.
Durante o pousado reinou o bo ambiente entre eles con acenos, bromas e xestos de complicidade. Un momento que non pasou desapercibido para moitos curiosos que tamén trataron de inmortalizar o histórico momento, aínda que copiar o selfie será imposible.