#EuTaménVouCoAlcalde, hashtag do popular Jorge Cubela para levar a campaña a Twitter
Por Redacción
O candidato do Partido Popular de Cotobade, Jorge Cubela, quere potenciar a campaña dende as redes sociais e, desta forma, chegar a máis veciños e votantes do municipio. Desta forma ofrece unha proposta a través do hashtag #EuTaménVouCoAlcalde, para intentar solicitar o apoio veciñal á xestión que leva realizando durante os últimos catro anos á fronte da alcaldía.
Jorge Cubela afirma que foi un alcalde para todos os veciños, á marxe de ideoloxías e "do que tivesen votado nos comicios de 2011". Con esta proposta consistente na creación dun hashtag, o candidato busca novos espazos para buscar apoios cidadáns.
A campaña do PP en Cotobade contará con tres actos tipo mitin que se desenvolverán da seguinte forma:
- Domingo 10, no restaurante Manolo, Viascón, ás 20.00 horas
- Domingo 17, no Pavillón de Carballedo, ás 20.00 horas
- Venres 22, no Pavillón de Mullereiro, ás 20.30 horas
Relacionadas:
-
Jorge Cubela, logo da maioría absoluta: "Refrenda cuatro años de trabajo, cercanía y atención"
Por Redacción |
-
Eleccións 24M: Jorge Cubela arrasa en Cotobade cunha maioría absoluta máis pronunciada
Por Redacción |
-
Ana Pastor respalda a Jorge Cubela, o primeiro alcalde de España que a chamou para pedirlle polo seu Concello
Por Redacción |