O PP de Marín quere ampliar os espazos de lecer cercanos ós ríos e conectará os paseos
Por Oskar Viéitez
A candidatura do Partido Popular de Marín adicouse a explicar as súas propostas no eido medioambiental, sinalando que, se seguen a gobernar logo do 24 de mayo continuarán co acondicionamento da senda fluvial polo río Lameira. E no río Loira recuperarán a ruta dos muíños e levarán a cabo a súa rehabilitación, unha asignatura pendente.
Propoñen un parque lúdico- deportivo en convenio co Invifas con superficie para a bici, os patíns, xogos de auga, xogos infantís e o Paseo ó carón do Río Lameira como unha gran zona de lecer e de esparcemento.
Despois da inversión de máis de 2 millóns de euros en obras de saneamento e obras hidráulicas, “trataremos de seguir con proxectos de saneamento e coa separación das redes de pluviais e fecais”.
Ademáis aseguran que participarán como Concello da ría no Plan de Saneamento da Ría xunto cos concellos de Pontevedra, Poio, Vilaboa e Marín para tratar de ir eliminando os verquidos e arranxando o problema da depuradora de Placeres.
A alcaldable María Ramallo engade que o seu goberno levará un plan de arranxo dos depósitos municipais.