Ana Pastor respalda a Jorge Cubela, o primeiro alcalde de España que a chamou para pedirlle polo seu Concello
Por Redacción
O alcalde de Cotobade e candidato do PP á reelección, Jorge Cubela, foi o primeiro alcalde de España que levantou o teléfono e chamou á actual ministra de Fomento, Ana Pastor, para pedirlle unha actuación no seu Concello. A acción non pasou desapercibida e a ministra 'popular' destacouna este sábado no transcurso dun mitin como exemplo do bo facer do rexedor.
Ana Pastor respaldou a Cubela nun mitin no pabillón de Carballedo ao que acudiron unos 300 veciños. No acto lembrou que aquela primeira xestión do alcalde, que no seu día foi o rexedor máis novo de España, tiña como obxectivo reparar o socavón da estrada N-541 en Tenorio, que levaba seis anos parado. Nun mes retomáronse as obras por emerxencia.
A ministra resaltou os proxectos acometidos por Cubela nos últimos catro anos como alcalde, entre ellos o centro médico de Carballedo. Ela, médica de profesión, lembrou as visitas que facía aos veciños de lugares como Valongo, Aguasantas ou Almofrei.
No transcurso do acto político, Ana Pastor anunciou que o Boletín Oficial do Estado (BOE) acaba de publicar a licitación da obra de mellora da intersección de Calvelo, en Tenorio, unha demanda histórica de Cotobade. A obra sae a concurso público por algo menos de 500.000 euros.
Unha vez realizado o anuncio, Cubela sinalou que é a primeira vez que unha ninistra anuncia en persoa en Cotobade a licitación dunha obra tan importante e engadiu como respaldo á súa xestión: "Nós non facemos fotos, nós falamos no BOE".
Relacionadas:
-
Jorge Cubela, logo da maioría absoluta: "Refrenda cuatro años de trabajo, cercanía y atención"
Por Redacción |
-
Eleccións 24M: Jorge Cubela arrasa en Cotobade cunha maioría absoluta máis pronunciada
Por Redacción |
-
Cubela presume de ter acadado máis de 2,5 millóns de euros en investimentos para Cotobade
Por Redacción |
-
#EuTaménVouCoAlcalde, hashtag do popular Jorge Cubela para levar a campaña a Twitter
Por Redacción |
-
Cubela presenta o equipo co que aspira a revalidar a maioría absoluta para o PP en Cotobade
Por Redacción |
-
Jorge Cubela: "Estamos a sacar adiante os proxectos que non se conseguiron en época de bonanza"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |