O PP de Marín promete obras nas sete parroquias do rural
Por Redacción
Estes días de campaña electoral todo o equipo do Partido Popular de Marín percorre as parroquias, barriadas e lugares facendo balance das obras realizadas nos últimos catro anos e presentando as súas propostas de futuro que pretende levar adiante estes catro anos seguintes se resulta elixidos para gobernar.
En canto ás promesas para o futuro, os populares apostan polo saneamento e seguridade vial no PO-313 dende Coirados a Pardavila, pola continuación das beirarrúas de San Xulián dende a Casa de Cultura cara á saída da Variante e a mellora e ensanche da ponte de acceso a Santomé.
Ademais a candidata á Alcaldía, María Ramallo, promete que levará a cabo a empedrada da baixada á Igrexa de Santa María do Campo, e diversas melloras como as beirarrúas do camiño Vello detrás da Igrexa de Seixo, a seguridade vial en Castro e A Brea en colaboración coa Deputación de Pontevedra ou a accesibilidade na PO-551 nos tramos de Canos de Moledo ata a rotonda de saída da Variante.
Ademais comprometeu a mellora na PO-551 continuando a Senda de Bagüín ata o seu entroncamento na gasolineira de Seixo e acondionar e mellorar o camiño Real de Mogor como senda peonil, así cmo mellorar a rúa Concepción Areal en Cantodarea tratando de buscar a seguridade vial e a mellora de ambas as dúas marxes.