Malestar de En Marea co Concello de Sanxenxo por denegarlle o permiso para realizar un mitin na rúa
Por Redacción
En Marea denunciou este sábado a denegación por parte do Concello de Sanxenxo do permiso necesario para realizar un acto electoral na rúa.
Concretamente a formación pretendía protagonizar este domingo un acto político na praza Pascual Veiga, que finalmente se celebrará ás 20:00 horas no colexio de Portonovo.
"Estamos a falar de censura política, xa que non deixar que os veciños e veciñas de Sanxenxo coñezan a nosa proposta é censura e non ten outro nome", sinala a través dun comunicado asinado por Xurxo Charlón, representante da coalición que lidera nesta campaña Luís Villares.
En Marea asegura ademais que "Sanxenxo é o único concello da comarca do Salnés que non ofrece casas de cultura ou multiusos para realizar actos durante a campaña".