O popular Rafa Domínguez poñerá a Pontevedra "por encima de todo"
Por Oskar Viéitez
O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez iniciou este venres a campaña electoral visitando o comercio local e charlando con veciños e simpatizantes aos que fixo toda unha declaración de intencións: "Pongo a Pontevedra por encima de todo. Mi misión es defender Pontevedra y a los pontevedreses".
Antes da suspensión dos actos de campaña pola morte de Alfredo Pérez Rubalcaba os populares tiñan previsto celebrar o primeiro mitin de campaña do PP na parroquia de Lourizán o que "no es casualidad" xa que "para el Partido Popular de Pontevedra es uno de los lugares más importantes", destacou Rafa Domínguez tras lembrar que "está ha sido una de las parroquias más olvidadas por parte del BNG de Lores".
Rafa Domínguez lembrou que el non dubidou en mostrar a súa oposición á proposta de ampliar a depuradora dos Praceres cara á igrexa.
O PP levou a súa furgoneta electoral, a chamada "Rafaneta" ata a praza da Peregrina onde explicou a quen se achegou o seu proxecto"con ideas nuevas frente a los 20 años de gobierno nacionalista".