Rafa Domínguez (PP): "Quiero que los jóvenes podáis encontrar trabajo en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez
"El empleo es nuestra prioridad y si hoy estoy aquí, encabezando una candidatura a la Alcaldía de Pontevedra, es porque quiero que los jóvenes podáis encontrar en vuestra ciudad oportunidades de futuro". Con estas palabras comezou Rafa Domínguez a súa intervención no encontro que este domingo mantivo con varios mozos pontevedreses na Illa das Esculturas.
Alí, tras disputar un partido de fútbol, o candidato popular á Alcaldía de Pontevedra explicou as súas propostas para a mocidade e tamén o seu proxecto para lograr que Pontevedra deixe de ser a cidade galega coa taxa de paro máis elevada.
Neste sentido, Rafa Domínguez lembrou que no seu programa económico e de emprego aposta pola creación dun polígono comercial e loxístico ao sur da cidade; polo impulso definitivo do polígono do Vao; pola supresión da peaxe a Barro e pola instalación dunha fábrica que peche o ciclo do papel. Ademais, aposta por unha rebaixa importante de impostos e por medidas concretas que permitan revitalizar o comercio local.
"Nuestro objetivo es asentar las bases para que todas aquellas empresas que quieran instalarse en nuestro municipio encuentren las condiciones adecuadas para poder hacerlo", apuntou, "nunca me veréis alardear de que no le he cogido el teléfono a una empresa como Ikea o que organice fiestas para celebrar que una empresa cierra. Quiero que en Pontevedra haya oportunidades de futuro",engadiu o líder dos populares.
Ademais, o candidato popular explicou aos mozos o seu compromiso de integrar a Pontevedra no Plan de Transporte Metropolitano de la Xunta de Galicia que, entre outras vantaxes, "permitirá viajar gratis a los mejores de 19 años". Tamén a súa aposta por crear a Casa da Cultura Municipal Alexándre Bóveda "que contará con una biblioteca pública municipal abierta 24 horas durante la época de exámenes".
E en materia deportiva, Rafa Domínguez, manifestou a súa aposta polos deportes urbanos,"como así se lo hemos trasladado a la asociación de skate, BMX y parkour"; e polos deportes náuticos, como se reflicte no proxecto "Abrir Pontevedra á Ría" coa creación da escola de vela.
Relacionadas:
-
O PP considera que o Gran Montecelo e a residencia de maiores serán unha "revolución" para Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez comprométese a aprobar un novo PXOM no seu primeiro mandato
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez reivindica transporte público "asequible y de calidad" para Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |