Marea Pontevedra e Prosagap queren que o Hospital Provincial manteña un uso sanitario
Por Redacción
O candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei e a radióloga e integrante da candidatura Mariquiña Lores mantiveron na tarde deste luns un encontro coas representantes do sindicato Prosagap, Carolina Iñarrea e Puri Quinteiro.
Neste encontro, a agrupación política coincidía co colectivo sindical na necesidade de reivindicar e conservar o uso sanitario do actual Hospital Provincial e, ao mesmo tempo, finalizar co peche de camas no verán. Esta situación, sinalan, deixa sen a atención debida a centos e mesmo a milleiros de persoas con necesidades sanitarias. Precisamente, Marea Pontevedra amosou o seu apoio na última manifestación de Prosagap contra o peche de camas previsto pola xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Apoian a creación dun Consello de Saúde Municipal para adaptar a atención sanitaria ás necesidades específicas das persoas de Pontevedra, mellorando a saúde e o benestar de toda a cidadanía. Desde Marea Pontevedra entenden que é necesario que as administracións traballen por un sistema sanitario que garanta a mellor atención nos centros hospitalarios públicos.
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra festexa o centenario da chegada de Castelao á cidade
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra dálle cabazas ao BNG pola xestión do mercado de abastos
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido |
-
"Hai máis proximidade entre o goberno de Lores e o PP que entre o goberno de Lores e Marea Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Marea Pontevedra creará un evento artístico anual para presumir da calidade da Facultade de Belas Artes
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra reivindica na Casa da Luz unha mirada violeta
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Luís Rei propón rescatar a autoestrada do Atlántico e paralizar as obras da A-57
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra colga unha pancarta no Hospital Provincial para reclamar que se manteña o seu uso sanitario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
En Marea preguntará no Parlamento pola situación do colapso nas urxencias de Montecelo
Por Oskar Viéitez |