Compromiso por Galicia fai súas as demandas de melloras laborais dos policías locais
Por Redacción
Compromiso por Galicia insistiu este martes na súa aposta por uns corpos de seguridade máis eficientes e cuns dereitos laborais xustos en Pontevedra e, como parte da súa campaña para as eleccións municipais do 26 de maio, o seu alcaldable, Andrés Núñez Rajoy, reuniuse con axentes da Policía Local para escoitar as súas reivindicacións.
Despois de coñecer as distintas reivindicacións, o candidato por Pontevedra afirmou que non se pode entender que unha cidade como Pontevedra non cubra as prazas vacantes, cando nos últimos anos prexubilou un número descatable de axentes e "aínda menos que un mando da Policía Local de Pontevedra gañe menos ca un recentemente chegado da Policía Local de Vigo".
Andrés Núñez Rajoy comparte o malestar dos axentes municipais no tocante ás "precarias condicións" do material que empregan no seu traballo e en cuestións que sosteñen que poñen en risco a súa seguridade, como vehículos que circulan sen airbag, "algo irrisorio no século XXI".
Á vista desas circunstancias, Compromiso por Galicia comprometeuse a axudar na solución do conflito desde a Corporación, onde considera que ignoran aos cidadáns e, aos axentes da Policía Local, neste caso.
Na súa opinión, o BNG segue tendo "o mesmo problema de arrogancia de negarse a escoitar que sempre tivo" e cunha actitude que critican porque "cando hai problemas ou algo non lles convén miran cara outro lado".
Relacionadas:
-
Compromiso quere que se instale en Pontevedra o Campus de Estudos en Administracións Europeas
Por Redacción |
-
Compromiso asignará un concelleiro a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Os residentes e o persoal de comercios terán prioridade para aparcar se vence Compromiso
Por Redacción |
-
Compromiso invita a loitar pola igualdade a través do deporte base e os equipos mixtos
Por Redacción |
-
Compromiso aposta por crear un cluster das artes no antigo edificio de Facenda
Por Redacción |