O PP promete conceder as axudas aos clubs deportivos "en tempo e forma"
Por Redacción
Os deportes foron a área sobre a que virou a campaña do Partido Popular este xoves. Rafa Domínguez mantivo un encontro con máis dunha trintena de representantes dos clubs deportivos da cidade, aos que prometeu que, se alcanza a Alcaldía, o seu goberno entregará as axudas municipais "en tempo e forma".
"Os clubs deportivos teñen a miña palabra", sinalou Domínguez, que estivo acompañado entre outros pola deputada do PP no Parlamento galego, Lupe Murillo. Ademais, avanzou que elaborará un calendario especial para que poidan cobrar os atrasos que durante o últimos tres anos provocou o Concello.
O candidato do PP avanzou que estas axudas incrementaranse "notablemente", comunicaráselles a principio de tempada o "cálculo exacto do que van recibir" e non se lles cobrará aos clubs polo uso das instalacións deportivas municipais.
Rafa Domínguez explicou que os grandes actos deportivos "téñense que manter" para promocionar a cidade, pero non pode ser "á conta de non pagar aos nosos clubs".
O candidato popular aposta ademais por fomentar a práctica de deportes urbanos como o skate, o BMX ou o parkour e de deportes náuticos como o piragüismo ou a vela, coa creación dunha escola de vela próxima ás instalacións do Club Naval.
Durante esta xornada, Domínguez tamén estivo visitando o barrio da Seca para falar cos veciños e, no ámbito rural, protagonizará un mitin na Casa de Cultura de Lérez.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez arríscase na súa protesta contra o exceso de lombos
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez reivindica o antigo edificio de Facenda como futura casa de cultura
Por Redacción |
-
O PP considera que o Gran Montecelo e a residencia de maiores serán unha "revolución" para Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez comprométese a aprobar un novo PXOM no seu primeiro mandato
Por Oskar Viéitez |
-
O PP explica as súas propostas para impulsar e revitalizar o comercio local
Por Oskar Viéitez |