O BNG quere converter a rúa Serra nun referente para os creadores noveis

Por Redacción
Negociar cos baixos baleiros do entorno do Mercado para convertelos nun espazo para proxectos creativos noveis. É unha das propostas estrela que, no eido do apoio á creación cultural, incluíu o BNG no seu programa electoral.
Estes espazos que se habilitarían na rúa Serra, segundo avanzou Miguel Anxo Fernández Lores, estarían pensados para que poidan acceder a eles proxectos de especial interese e con condicións económicas accesibles.
Foi unha das ideas que o candidato á reelección polo BNG presentou na Casa da Luz nun encontro con empresas do sector creativo da cidade.
O alcalde explicou que a economía creativa é un concepto "novidoso e perfectamente definido" pola Unesco, que fala de bens e servizos que teñen que ver con actividades culturais, investigación ou desenvolvemento e que contempla manifestacións como software, arquitectura, videoxogos, gastronomía ou moda.
O BNG aposta por sumar sinerxías para lograr que as empresas creativas de Pontevedra se convertan nun referente en toda a península.
Así, Fernández Lores anunciou que a Sétima Feira ten un acordo para levar os emprendedores e creadores de Pontevedra ao Mercado da Cebada en Madrid o próximo mes de setembro.
O candidato indicou que o "salto adiante" na promoción do sector será coordinar todo o movemento de creación cultural a través de encontros que se sucederán no edificio municipal de Santa Clara, baixo o paraugas do proxecto Redeira, "que supón a interconexión e colaboración das empresas para seguir avanzando".
O BNG tamén defenderá facer unha especie de central de compras municipal para facilitar a estas empresa a contratación de certos servizos "con economía de escala".
Encontro do BNG con empresas creativas da cidade
Negociar cos baixos baleiros do entorno do Mercado para convertelos nun espazo para proxectos creativos noveis. É unha das propostas estrela que, no eido do apoio á creación cultural, incluíu o BNG no seu programa electoral. Foi unha das ideas que o candidato á reelección presentou na Casa da Luz nun encontro con empresas do sector creativo da cidade
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Sétima Feira di ata logo cun exitoso peche de tempada e volverá despois do verán
Por Redacción |
-
Lores asegura que Pontevedra será a primeira cidade con capacidade para cumprir coa normativa europea de compostaxe
Por Redacción |
-
Pontevedra será en tres anos a primeira cidade "totalmente saneada" de Galicia, di o BNG
Por Redacción |
-
O BNG impulsará unha plataforma que agrupe as vendas 'online' dos comercios de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG considera "fundamental" para Pontevedra completar a A-57 ata Curro
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG estuda darlle un uso cultural á vella casa consistorial da Praza de España
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |